Xerardo AgraFoxo. Talvez sexa un dos lugares máis fermosos da costa. Unha baía de augas mansas, protexida por unha foresta de palmas reais. E un parque natural, convertido nun paraíso para camiñantes detrás de orquídeas e flores fantásticas. Na cativa enseada ancoraron as carabelas que viñan doutros mundos. O xardín botánico descubriuno un sabio alemán perdido por estas terras. Seguir lendo La playita
Arquivo da categoría: Viaxes
Camións
Xerardo AgraFoxo. Cando chegas a un lugar, debes prever cal será o teu próximo destino. Entón procura localizar a seguinte terminal. E aparecer alí ao día seguinte, ás primeiras horas da mañá, cando o abrente rebenta e as rúas comezan a ateigarse de motos e carretas de cabalos. Se tes sorte, talvez consigas unha cadeira ferruxenta. Se as indicacións non foron axeitadas, deberás dirixirte nun bicitaxi a outro arrabalde da cidade. Seguir lendo Camións
Sombrío embruxo
Xosé Manuel Lobato. O Lañas é esa corrente fluvial escasa que procura grandeza, desta forma pode ser comprendida a súa excitada busca sen desmaio do confortable e grandioso acougo no amplo regazo do Ulla. Este afluente diminuto do río que constrúe e modela Arousa, percorre entre mesta vexetación de ribeira os seus derradeiros folgos de independencia, a súa felicidade é manifesta no seu son de agudo trobador que agasalla e alegra cun místico e constante rumor. Seguir lendo Sombrío embruxo
Las Geel

Alberte Pagán. Primeiro foi Palestina, ocupada, violada, massacrada. Despois, nos últimos doce meses e por diferentes circunstâncias e casualidades, tocou-me visitar umha série de jóvenes estados que nom contam com reconhecimento internacional: a montanhosa Nagorno-Karabakh (República de Artsakh), entre Arménia e Azebaijan; a russificada Abkhazia, na costa do Mar Negro; a minúscula Transnístria, orgulhosa do seu passado soviético. Seguir lendo Las Geel