Arquivo da categoría: Viaxes

Viaxe dun naturalista arredor do mundo

charles 1Agustín Agra. O buque da súa maxestade Beagle, ao mando do capitán Fitz-Roy, zarpou de Davenport o 27 de decembro de 1831 cara a unha viaxe de cinco anos na que daría a volta ao mudo. O obxecto da expedición era completar o estudo das costas de Sudamérica e dalgunhas illas do Pacífico. A bordo, na calidade de naturalista, co obxectivo de colectar exemplares da fauna e flora e facer observacións xeolóxicas, ía Charles R. Darwin.

Cando embarcou, aínda que acabado de diplomar en Cambridge, Darwin era pouco máis ca un rapazolo de 22 anos. Seguir lendo Viaxe dun naturalista arredor do mundo

A cor das lilas nomea o teu nome

lilaGonzalo Trasbach. Logo de pasar dous días en Bos Aires e outros dous en Santiago, agora xa estamos en Castro, a cidade máis importante de Chiloé, illa principal do arquipélago que conforma a provincia do mesmo nome do sur de Chile, á altura do paralelo 42, máis ou menos o mesmo no que está situada Galicia, pero esta no hemisferio norte. Cunha xeografía, unha paisaxe e un clima moi semellantes aos da nosa comunidade, nesta terra (chamada no seu tempo Nova Galicia), verde, boscosa, abondosa, xenerosa e fértil, pero tamén violenta (pola actividade volcánica), hai 108 variedades de patacas. Danme a probar unha de cor lila. Ao mastigala penso en ti, meu amor, e desexo volver xunto a ti para darche 108 bicos e abrazos. Seguir lendo A cor das lilas nomea o teu nome

En Gres

gresXosé Manuel Lobato. Comezo moi de mañanciña unha ansiada visita por unha acolledora paraxe, o meu destino o lugar de Gres no concello de Vila de Cruces. Coas primeiras luces da alba cruzo esta ponte histórica, ponte medieval onde os franceses foron rexeitados en 1809 na batalla de Ponte Ledesma. Sobre tan histórico e fermoso monumento pétreo camiño devagar; admirar, cavilar e reflexionar, estou nun deses lugares axeitados para desenvolver tan necesario exercicio. Seguir lendo En Gres

Xornadario balcánico (día 11) Xoves, 11 xullo 2012

corderoAgustín Agra. …esperto bañado en suor. A calor agoniante do día, o termómetro celebrou a nosa chegada a Herzegobina acadando os 39ºC, semella non remitir no transcurso da madrugada. Fóra, as carricantas inzan a noite co seu canto, espesan o aire coa estridencia da súa cantilena incesante.            Intento prender outra volta no sono. No entresoño veñen a min as imaxes do día: a reconstruída ponte de pedra (StariMost) que atravesa o Neretva; a dos intrépidos rapaces que xogan a vida saltando ás augas verde agrisadas do río dende as súas alturas; os centos de andoriñas que nos sobrevoan traballando de xeito incesante a prol das súas niñadas; os esveltos minaretes das mesquitas, as casas brancas entre arbustos, as tendas de artesáns e de recordos, dispostas como en calquera outro zoco musulmán: estreito, concorrido e bulicioso… Seguir lendo Xornadario balcánico (día 11) Xoves, 11 xullo 2012