Agustín Agra. Levaba a intención de comezar este texto afirmando que son lector habitual de poesía, mais, en canto comecei a teclear a primeira frase, pregunteime que significaba ser “lector habitual de poesía”. Cantos poemas diarios, cantos cartafoles ao ano serían necesarios para poder outorgarse tal cualificativo? Pronto desbotei procurar unha resposta; acaso importaba a cantidade? Seguir lendo Ler poesía
Arquivo da categoría: Agustín Agra
As vacalouras de Queipo
Agustín Agra. Este día recibimos na horta a visita dun fermoso macho de vacaloura (Lucanus cervus). Ao meu fillo non lle sorprendeu escoitarme dicir que empregaba as súas poderosas mandíbulas semellantes a cornos para pelexar con outros machos polos favores sexuais das femias; sabe –tendo a ser un tanto reiterativo–, que en moitas outras especies de animais se dan similares comportamentos de competencia. Seguir lendo As vacalouras de Queipo
Rebecca e Down
Agustín Agra. Este día, folleando o xornal El País, din de fociños cun artigo sobre Arthur Miller, de quen se cumpre este ano o centenario do nacemento. Se para min o nome do dramaturgo cobra sentido non é por Morte dun viaxante –a narración do fracaso do soño americano personificado en Willy Leman, levada á gran pantalla por Elia Kazan–, senón polo guión do filme The misfits, os inadaptados, aquí traducido como Vidas rebeldes. Teño gozado asemade con moitas películas do realizador John Huston, dende O falcón maltés e Caio longo, pasando por A xungla de asfalto e A raíña de África, ata O home que quería reinar e Dublineses –a maxistral adaptación do relato Os mortos de Joyce–; moitas horas xa que logo de gozoso lecer na súa compaña. Seguir lendo Rebecca e Down
Nomear o mundo
Agustín Agra. Malia ter doce anos, Serxio non dá puntada sen fío. O mesmo pregunta a diferenza entre ave e paxaro como ergue unha cella cando se decata de que non lle dou á palabra corno o mesmo significado que a corna. Non, por suposto que non. Os touros, aínda que non apareza reflectido con propiedade nos dicionarios, e por moito que así o repitan os noticiarios dos telexornais, non teñen hastas; o deles, como nas vacas, os carneiros ou as cabras, son estruturas óseas permanentes: cornos; porén, cando mudan, xa sexa de xeito anual ou durante a xuventude do animal, trátase de cornas ou hastas. Seguir lendo Nomear o mundo