Agustín Agra. Alén de atender á colección de cunchas e ás maquetas dos barcos, ao meu fillo gústalle enredar coa roda do leme e a bomba de achique que o Museo ten á disposición dos nenos. Antón é neto de xefe de máquinas e bisneto de patrón de pesca. Que familia da contorna non conta cunha historia semellante: unha nai ou unha avoa mariscadora; un pai, un tío, un irmán contramestre? Seguir lendo Museo do Mar de Noia
Arquivo da categoría: Agustín Agra
Amadou
Agustín Agra. A Amadou sempre lle gustou o fútbol. No seu país natal botaba partidos interminables nunha chaira térrea na que catro pólas de acacia espiñenta facían as veces de porterías. Ante a escasa consistencia dun balón feito cun feixe de trapos cosidos, para que precisaban calzado os compañeiros que entraban e saían do xogo? Seguir lendo Amadou
Introspección (gustos e influenzas)
Agustín Agra. Malia ser poucas as ocasións nas que me deixo enguedellar pola tentación de elaborar listaxes, este día, arrastrado quizais pola crise de lectura de novela que arrastro nos últimos meses, dediquei o tempo a repasar os andeis da libraría á vez que daba en reflexionar sobre gustos literarios e a posible influencia que certas obras exerceron, ou non, na nosa escrita.
Cales, de entre os autores ou as grandes obras do canon máis selecto da literatura universal, deixaron pegada sobre nós e, de xeito sobranceiro, sobra a nosa obra? Gozamos coa súa lectura ou, polo contrario, nin nos gustaron nin recoñecemos a súa influencia? Seguir lendo Introspección (gustos e influenzas)
Volver á novela
Agustín Agra. Nos últimos tempos ando raro. Raro e aborrecido. Ata este pasado outubro ler unha novela á semana formaba parte da miña rutina habitual. Daquela dei con Sukkwan Island de David Vann (recomendación que moito agradezo a un amigo) e produciuse un punto de inflexión. Seguir lendo Volver á novela