Arquivo da categoría: Agustín Agra

A ponte sobre o Drina, (Ivo Andric, gran rinoceronte)

A ponte sobre o Drina (4)Agustín Agra. Esta tarde, folleando na busca dalgunha novidade apetitosa no catálogo de Rinoceronte, decateime de que a maior parte dos títulos da editora de Cangas xa foran albo das miñas lecturas. Malia ser certo que un par deles –contados–, alén da súa calidade, non foron coincidentes cos meus gustos literarios, sei que podo encetar a cegas calquera nova entrega coa confianza de que hei gozar coa súa lectura. Mais se algún de entre todos eles deixou pegada en min –aínda hogano soño, pesadelo redundante, coas vívidas imaxes dun dos seus capítulos descarnados– ese foi A ponte sobre o Drina. Seguir lendo A ponte sobre o Drina, (Ivo Andric, gran rinoceronte)

A ferida do vento

A ferida do vento (3)Agustín Agra. O exceso de proximidade e a falta de perspectiva adoitan ir ligados. Xa que logo, opinar sobre unha novela cando se mantén co autor unha relación de amizade –calidade dos afectos, diría o poeta Martín Veiga–, non resulta doado.

Escribir debe ser algo así como perseguir sombras alleas ou reconstruír ruínas. Non o sei”. Como o propio autor escribe nunha das páxinas de A ferida do vento, na que nos introduce no universo limiao dos seus quince anos: Antón reconstrúe ruínas, persegue as propias sombras, interpélase a si mesmo, dialoga con vivos e mortos, cos defuntos de seu. Seguir lendo A ferida do vento