Arquivo da categoría: Agustín Agra

Agosto de memoria e morte

Agosto de memoria e morte (2)Agustín Agra. De partida debería confesar que non é a novela negra xénero que me encha o ollo. Mais tamén é certo que non deixo de achegarme a todas e cada unha das obras que Diego Ameixeiras tira do prelo, que gozo coas entregas do comisario Montalbano, e que son seareiro entusiasta do cínico Mandrake do Rubem Fonseca. Porén, coido que o meu gusto polas súas obras é froito da sabedoría literaria tanto do ourensán como do brasileiro, así como pola querenza inexplicable que teño por Sicilia, á que Andrea Camilleri radiografía con sabia precisión. Seguir lendo Agosto de memoria e morte

Paisaxe olfactiva

Houellebecq describe un campo de flores como unha explosión de vulvas e penes de cores
Houellebecq describe un campo de flores como unha explosión de vulvas e penes de cores

Agustín Agra. Este día aprendín que un bufo, ademais dun xénero de anfibios entre os que se atopa o sapo europeo, é un peido cheirento que non fai ruído. Daquela, apenas as miñas neuronas comezaron a enlearse en pensar no papel que desenvolven as papilas olfactivas, o meu caletre deu en enfiar que os cans cheiran a can, os porcos a porco, as flores a flor, mais que o home -estraño animal o home!- é o único animal por min coñecido que rexeita o seu propio arrecendo. Seguir lendo Paisaxe olfactiva

Finis Coronat opus

Panero-1-e1471605357547Agustín Agra. Maldito. Esquizofrénico. Politoxicómano. Dipsómano. Autodestrutivo. Apocalíptico. Transgresor. Excéntrico. Performático de si mesmo. Señor das boutades. Arlequín. Dandi. Sórdido. Disruptor. Provocador. Paranoico. Lucido sempre. Lúcido, como só os esquizofrénicos poden selo. Tolo por decisión, por vocación. Explorador no límite. Especulador da loucura. Sosias de Antonin Artaud. Seguir lendo Finis Coronat opus

Paisaxe nocturna

paisaxe nocturna
Unha aplicación permite contemplar a Terra a través dunha cámara que porta a ISS

Agustín Agra. Malia a friaxe propia das noites de novembro, agardo pola chegada do tempo anticiclónico. Fágoo coa esperanza de gozar dun ceo despexado da presenza das nubes que o toldan este día. Na vez de cun telescopio, acompaño co móbil as saídas nocturnas á terraza da casa. O emprego dunha simple aplicación (google sky map, de descarga gratuíta) permíteme enredar co intento de recoñecer estrelas e planetas e mitigar unha ignorancia da que non adoecían os nosos devanceiros. Seguir lendo Paisaxe nocturna