Arquivo da categoría: X. Ricardo Losada

Sempre en Rianxo

Removable-wall-sticker-The-Dance-of-Youth-wall-decal-art-musical-notes-wall-covering-sticker-for.jpg_640x640X. Ricardo Losada. O gran escritor e periodista Manuel Jabois titulou Rianxo se sacude el horror un artigo publicado no xornal El país sobre a aparición do cadáver de Diana Quer na miña vila natal. Dicía: “Lo primero que ha hecho Rianxo en 2018 es sacudirse el horror”, en referencia ao pleno extraordinario do concello convocado a mañá do 1 de xaneiro. Non é certo. O primeiro que fixemos os rianxeiros en 2018 foi celebrar o ano novo tomando as uvas e cantando as vellas cancións do folclore popular. Seguir lendo Sempre en Rianxo →

Teño un tractor erudito

tractorX. Ricardo Losada. Hai unha actividade que fago como profesor que me motiva espe-cialmente. Mándolles aos alumnos preparar unha exposición oral, mínimo cinco minu-tos, sobre algo que lles guste moito: un hobby, un libro, un soño, unha viaxe, un poema, unha canción, unha amizade, un amuleto. Son, na maioría dos casos, exposi-cións moi gratas, pero tamén moi revela-doras, sobre todo as dos alumnos academi-camente malos e que non se portan ben na clase. Seguir lendo Teño un tractor erudito →

No ceo non usan gafas

ollosX. Ricardo Losada. Tras colgar un comentario neste blog, Carmen engadiulle unha marabillosa posdata intentando xustificar a pouca coherencia do que acababa de escribir: Desde que he empezado a escribir este panfleto, se me ha quedado cuatro veces pegado a la pantalla del ordenador el puntero del ratón. Entre tanto: se ha achicharrado la comida (de ello he dado fe gráfica a Magdalena); he ido a la peluquería, he perdido las gafas; por ser el cuarto aniversario de la muerte de mi madre, a misa sin gafas; Seguir lendo No ceo non usan gafas →

O tempo da imaxinación

8434986-una-persona-de-dibujos-animados-ejecuta-una-carrera-contra-el-reloj-en-un-tiempo-en-un-dia-ajetreadoX. Ricardo Losada. Hai pouco vin unha película arxentina sobre un escritor desa nacionalidade gañador do premio Nobel de Literatura que, despois de moitos anos fóra, volve á súa vila natal. É unha das fantasías máis recorrentes da miña imaxinación desde hai moitos anos. Non me chamedes ególatra ou iluso antes de saber que a fantasía non consiste en obter o premio Nobel (ata as fantasías teñen sentido do ridículo), senón en volver á miña vila natal, Rianxo, despois de estar moitos anos fóra. Seguir lendo O tempo da imaxinación →