O tempo da imaxinación

8434986-una-persona-de-dibujos-animados-ejecuta-una-carrera-contra-el-reloj-en-un-tiempo-en-un-dia-ajetreadoX. Ricardo Losada. Hai pouco vin unha película arxentina sobre un escritor desa nacionalidade gañador do premio Nobel de Literatura que, despois de moitos anos fóra, volve á súa vila natal. É unha das fantasías máis recorrentes da miña imaxinación desde hai moitos anos. Non me chamedes ególatra ou iluso antes de saber que a fantasía non consiste en obter o premio Nobel (ata as fantasías teñen sentido do ridículo), senón en volver á miña vila natal, Rianxo, despois de estar moitos anos fóra. Se xa na imaxinación é unha experiencia marabillosa, na realidade creo que sería sublime, aínda que nunca desexase convertela en realidade.

     Supoño que un psicólogo podería facer con esa fantasía moitas conxecturas sobre a miña personalidade. De que sexa tan pracenteira, quizais puidese deducir que tiven unha infancia feliz, mesmo que teño certo complexo de Peter Pan, e de que esa ficción precise de algo tan doloroso e inimaxinable para min como estar moito tempo fóra de Rianxo, podería deducir que odio a incerteza e amo a rutina. Kant, por exemplo, un dos máis grandes filósofos da historia, nunca saíu de Köningsberg, a súa cidade natal, e era tan puntual e rutineiro que os veciños puñan os reloxos en hora cando o vían pasar. Pero ese psicólogo tamén podería deducir da miña personalidade algo que a min me enche máis: o afán de buscar novidades na repetición, de facer aparentemente sempre o mesmo, pero interiormente sempre distinto. caricatura-kantUn día un londiniense foi a unha clase de Kant na que falaba de Inglaterra e quedou abraiado dos seus coñecementos sobre Londres. Supoñendo que vivira alí moitos anos, preguntoulle cando estivera, e Kant respondeulle Nunca. Xa vedes. Mentres os veciños puñan os reloxos en hora xermánica, Kant paseaba en hora inglesa.

     Non estou dicindo que sexa mellor unha cousa cá outra. Cada un ten a súa tendencia vital e a ela debe encomendarse. O importante é intentar saber como é cada quen por dentro, e evitar ser tendencioso. Non se pode contar a anécdota de Kant e os reloxos dos veciños de Könignsberg, por exemplo, para insinuar que Kant era extremadamente puntual e rutineiro, sen contar deseguido que cando vivía nese Londres no que nunca estivo o seu maior pracer era chegar sempre tarde.

11 comentarios en “O tempo da imaxinación

  1. Querido profesor; ¿ estás seguro? Don Camilo consiguió las dos cosas: se metió en la Marina y castaño era el frac que llevaba al ir a recoger el bendito Nobel.
    Capítulo 153, ¿continuará?

    P.D. Saludos al señor Cartea, fue un placer conocerle y aprovecho para pedirle una comisión, mi trabajo propagandístico bien lo merece. Mari Carmen lo corrobora.
    Feliz 2018, barbantianos. Chao , profe.

  2. Querido profesor: Moitas gracias pola túa agarimosa resposta. Estes días ando coa casa chea e non me queda tempo para adicarllo ao ordenador. Magdalena é a culpable de que ande a tal hora esperta: “No dejes de entrar en Café Barbantia”, era a menxase que tiña no wassap ao chegar a casa.
    Non sería mala idea a de irmandar Rianxo con Miraflores: fomentaríase o intercambio de visitantes e iso redundaría no beneficio das dúas vilas.
    Eu tamen coido que a realidade é fantástica si sabemos facela fantástica.
    Ti non tes nadiña de pedante, si acaso, o xustiño.
    Despois de tanta loa, haberá que ler “Á sombra dos bonsáis”.
    Perdoa os erros que puidese cometer, pero non teño tempo de botar man dun diccionario: hoxe si que non espero a mañá -que xa é hoxe- para enviar a miña resposta. Prefiro non lela.
    Plácidos sonos e Feliz Ano Novo.

  3. Por alusiones:- Yo no sé si ardería Palmeira pero te recomiendo que leas el microcuento llamado “Desexo” del libro Á sombra dos bonsais, página 153 . Es muy sugerente.
    Saludos para su autor. Los hay buenísimos.
    ¿ Ya has probado el frac ?

  4. Respecto a estar equivocada, non cedas tan pronto. Xa sabes que as anécdotas teñen mil procedencias e mil variantes. O único importante é se reflicten a personalidade do protagonista e, neste caso, Londres ou Moscú, o retrouso é o mesmo.
    Hai uns anos, cando comezou a haber salas de profesores para fumadores e salas de profesores para non fumadores, aos profesores gustábanos chancear con que, se o querías pasar ben, era mellor ir á de fumadores, aínda que enfermases. Os non fumadores eran moi aburridos.Kant estaría na de non fumadores e, a pesar diso, paréceme un filósofo fascinante, síntoma da súa grandeza intelectual.
    Fermoso verso de Gerardo Diego.
    Falarei co alcalde de Rianxo. Xa hai unha razón poderosa para irmandar Rianxo e Miraflores de la Sierra.
    Non me estraña que prefiras as fantasías controladas. Coa boa amizade que tes con Magdalena, se as dúas fósedes de fantasías descontroladas, ardía Palmeira.
    Non sei se acabas revisando ou non os teus textos, pero dá gusto lelos:son como unha conversa con familiares e amigos.
    “Só escriben relatos fantásticos quen cren que a realidade non o é”. É unha frase de Conrad que empregeui hai anos para felicitar de forma unpouco pedante o Nadal.
    Sen pedantería esta vez, para ti.
    Saúdos

  5. En estas fechas apenas tengo tiempo de pasar de puntillas por el ordenador. Pero al ver en tu artículo el nombre de Kant –mi filósofo preferido de los pocos que conozco- no pude resistirme a leerlo, a pesar de que ya son bastante más de las dos de la madrugada. Es mi signo acostarme a las tantas. Sin embargo por la noche es cuando más disfruto de la lectura.
    Kant también era propenso a los resfriados y otra de sus extravagancias –o genialidades- era la de colgar el pañuelo lejos de su mesa de trabajo obligándose así, cada vez que le resbalaba el moquillo, a no permanecer todo el rato sentado. No era, ni mucho menos, un hombre huraño y sin embargo eligió el aislamiento. Pues ¡bendito aislamiento que tanto conocimiento proporciona!
    Lo curioso es que al joven que se le coló en la clase le describiese con pelos y señales lugares de su ciudad, a pesar de no disponer de Internet. Siempre tuve la creencia de que no se trataba de Londres, precisamente. Se ve que estaba equivocada.
    Lo de la variación dentro de la rutina me lleva a recordar el Romance del Río Duero, de Gerardo Diego: “…cantar siempre el mismo verso pero con distinta agua.” (Me lo sé enterito desde niña). ¿Y qué me dices del Bolero de Ravel…? ¿Hay algo más repetitivo y tan diferente?
    Sublime…y bello. Es de admirar que ames de esa manera tu ciudad, y no me extraña: hasta yo el otro día -deambulando por Miraflores de la Sierra, en donde pasé la Nochebuena- descubrí algunos rincones que me recordaron a Rianxo, a pesar de tratarse de ciudades bien distintas.
    ¿Fantasías controladas…? Opino que son las mejores.
    Son las tres de la madrugada y aquí me planto. Mañana le echaré un vistazo antes de publicarlo. Ahora ya ni veo para echarle una ojeada.
    Mi tendencia vital también es repetitiva, pero con “distinta agua”.
    Que vuestro sueño sea pura fantasía convertida en realidad. Al menos mientras dura el sueño.
    Lo dejo tal cual, añadiendo un fuerte abrazo para el articulista y la formidable

  6. En lo de Superman estoy completamente de acuerdo, ja, ja, ja. pero, en lo que discrepo es en lo del premio Nobel. Cuando se escribe hay que hacerlo con la convicción de que se hará lo mejor posible; la positividad engendra salud mental, y con ese ingrediente puede darse a la caza alcance.
    Que esos tres personajes del ¿ lejano? Oriente, te hagan trabajar hasta romperte las uñas abriendo regalos, y que los disfrutes como un auténtico niño con el corazón lleno de ilusión.
    Felices, aunque sean descontroladas fantasías.
    Besiños palmeiráns.

    1. E que nun deses regalos veña un frac, creo que me levaría moito
      tempo aprender a levalo con elegancia.
      (Xa ves, unha fantasía descontrolada).
      Máis bicos.

  7. Si, as fantasías son maravillosas e necesarias para o equilibro psicolóxico das persoas. Totalmente de acordo. Iso si. Está moi ben fantasiar con ser Superman sempre que non te subas a un ático e te tires a voar. Está moi ben fantasiar con gañar o premio nobel sempre que non te poñas a escribir convencido de que o mereces. Xa ves. As fantasías están ben, sempre que as controles, pero se as controlas xa non son fantasías. Ou si? Como estamos en Nadal e os Reis Magos están a chegar, direi que si. Tamén son fantasías as fantasías que controlas. Como eses regalos que che deixa a parella empaquetados, como se foses un neno, na árbore de Nadal.
    Dispois disto non me queda outra: Felices e controladas fantasías para o 2018 a todos os cafebarbantios.
    Apertas rianxeiras

  8. Querido profesor; las fantasías nunca son ridículas siempre y cuando sigan guardadas en nuestra testera. Se convierten en ridículas si las compartes, porque el escucha, tiene siempre muy diferente forma de pensar a la nuestra – igualmente sus fantasías para los demás también serán absurdas – por ello, aunque fantaseases con ser homenajeado con tan insigne galardón, nunca pecarías de ególatra. La fantasía siempre es muy saludable; aunque, imaginarse en volver a nuestro terruño después de lucubrar en estar en la distancia, te aseguro que es más halagüeño que la recompensa de la medalla que recibió el escritor argentino. La vida sin doña Fantasía sería muy sosa porque cuando un hombre tiene más sueño que sueños está perdido.
    Me ha gustado mucho la anécdota de Kant, pero lo que tú le añades, la hace más interesante. Un placer como siempre leerte, José Ricardo.
    Besiños palmeiráns y feliz 2018.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *