Unha historia de amor e escuridade, de Natalie Portman

natalieInés Otero. Esta orixinal película, baseada na novela de Amoz Oz publicada co mesmo título e traducida a 28 idiomas, conta a traumática mocidade do escritor xudeu durante  a época do Mandato británico en Palestina e os primeiros anos do Estado de Israel. Unha vida arrepiante por culpa das circunstancias que arrodearon o suicidio da súa nai (cando a vida non logrou cumprir as promesas da mocidade, miña nai comezou a concibir a morte como un soño protector e relaxante). Un tráxico acontecemento que se convertería nunha sombra impertinente na vida do autor de A caixa negra. Unha historia de amor e escuridade (2016) está ambientada no casco histórico de Xerusalén, onde el viviu nu apartamento ateigado de libros en dez idiomas, antes de perderse nun kibbutz para fuxir da realidade anímica que o espreitaba e converterse despois nun membro activo e crítico da vida política da súa nación.

una-historia-de-amor-y-oscuridad-2A historia deste adolescente, que na película permanece coma un ser solitario e silencioso, é narrada cunha gran economía de medios, cun ritmo poético e unha  fotografía que resulta moi acaída para lembrar aqueles difíciles momentos, cando todo adiviñaba que o enfrontamento entre a comunidade xudía e a musulmá sería dura e incerta.

A película é unha aposta persoal de Natalie Portman que, despois de convencer a Amos Oz, traballou nela durante dez anos. No tocante á súa interpretación, nada que dicir pois vina dobrada por Nuria Trifol, a mesma voz de Keira Nightley e Anne Hataway, a mesma que tamén ofrece produtos de aseo pola televisión. Escusas por este remate tan prosaico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *