Eme Cartea. A novela À rebours (1884)– traducida ao castelán como A contracorrente, A contrapelo, Contra natura, Ao revés– un punto de referencia dos derradeiros anos do século XIX en Francia, está considerada como a Biblia ou manifesto do decadentismo (no que se conxugan aspectos políticos, económicos, relixiosos e literarios). De estilo singular e refinado, complexo e irónico, supón unha ruptura coas maneiras realistas de narrar ata entón.
Joris-Karl Huysmans (seudónimo de Charles Marie Georges Huysmans), crítico de arte e literatura e novelista francés, é un dos autores máis coñecidos, polémicos e lidos da época. Seguir lendo À rebours, de Joris-Karl Huysmans
