Arquivos da categoría Eme Cartea

Manuel Romero Castro. Pintor

romero

«Journey to the Stars, VIII». 2002

Eme Cartea. Noiés de nacemento e de corazón dende 1943, a vida deste extraordinario pintor, abraiante de trazos e de sabor dickensianos, sería digna de ser novelada. A súa orfandade demasiado temperá empúrrao a sobrevivir entre hostilidades agrestes e rebeldías adoles-centes ata que, con 21 anos, emigra a Londres. Continue reading Manuel Romero Castro. Pintor

Ricardo Dávila. Escultor de compromisos

Círculo infernal. Colaxe con muller entre arames de espiños

Círculo infernal. Colaxe con muller entre arames de espiños

Eme Cartea. Fago meu o limiar que Isabel Santos, con exquisita lucidez, fixo para o catálogo da última exposición de Ricardo Dávila, que se pode visitar no Museo Etnográfico de Artes, grazas ao encomiable labor e dedicación do seu presidente Manuel Reiriz (“Digar”).  Referencia Isabel as 18 pezas de escultura, mais tamén os rostros esculpidos das persoas do lugar que lle serviron de modelos ao artista nado no Muíño Vello (a cabalo entre Palmeira e A Pobra) e que, dende rapaz, converteu a súa vida nunha paixón ilimitada pola talla e o modelado. Porque, máis alá da súa depuradísima técnica, falamos dun escultor de ideas e de emocións, a quen a inspiración sempre atopa coas mans na masa, como esixe o bo pan. Talento e dedicación asemade. Continue reading Ricardo Dávila. Escultor de compromisos

“Libertas”. Instalación e compromiso

libertasEme Cartea. Entre o 26 de setembro e o 2 de outubro de 2016 celébrase en Ourense, por segunda vez en Galicia, o 82 Congreso do PEN Club Internacional, organizado polo PEN galego -presidido por Luís González Tosar, O Che, coordinado e dirixido por Xabier Castro, e ao que asisten máis de 200 escritores de 80 países co lema, Tendendo pontes literarias Continue reading “Libertas”. Instalación e compromiso

“Aurora na ría de Arousa”,

O cadro foi pintado un venres do mes de agosto

O cadro foi pintado un venres do mes de agosto

Eme Cartea. A este par de artistas, Guille e Gloria, ningunha das técnicas picturais lles son alleas. Neste caso, a dúas mans, indagan nas inmensidades do lenzo, inocente e receptivo, con cores harmónicas, vivas, simbólicas, excitantes, psicolóxicas, connotativas, musicais, case fantasiosas, que apuntan directas á maxia sensible da ollada. Amantes confesos e apaixonados da paisaxe galega, profunda, misteriosa, indómita e acuosa, ofrécennos unha «paisaxe da emoción» polisémica que nos conmove entre ventos e chuvia, e renace talvez en saudosos crepúsculos de euforia acendida. Continue reading “Aurora na ría de Arousa”,