
Eme Cartea. Fago meu o limiar que Isabel Santos, con exquisita lucidez, fixo para o catálogo da última exposición de Ricardo Dávila, que se pode visitar no Museo Etnográfico de Artes, grazas ao encomiable labor e dedicación do seu presidente Manuel Reiriz (“Digar”). Referencia Isabel as 18 pezas de escultura, mais tamén os rostros esculpidos das persoas do lugar que lle serviron de modelos ao artista nado no Muíño Vello (a cabalo entre Palmeira e A Pobra) e que, dende rapaz, converteu a súa vida nunha paixón ilimitada pola talla e o modelado. Porque, máis alá da súa depuradísima técnica, falamos dun escultor de ideas e de emocións, a quen a inspiración sempre atopa coas mans na masa, como esixe o bo pan. Talento e dedicación asemade. Seguir lendo Ricardo Dávila. Escultor de compromisos