J. Carou. Non deixa de ser unha tentativa estéril a consecución do sublime. Por inalcanzábel. Aínda que ás veces suceda. Case sempre un azar. Discutíbel, sempre sometida a arte a preferencias, gustos e modas. Un escritor pode selo dun só libro. Dunha novela de xuventude oupada pola inusual conxunción de crítica e público á cima dunha promesa. Sempre o mellor aínda por vir. Narradores íntimos de aí en diante, privados. Habitantes de palabras pensadas, precisas. Individuos que demoran o seu xenio literario na efémera eternidade doutras vocacións menos vergoñentas. No seu caso, menos sinceras. Talentosos e capaces, atenazados pola esixencia e a preguiza. Polo desánimo dos días. Da vida, sempre tan de mentira. Continue reading La grande bellezza, de Paolo Sorrentino
Arquivos da categoría J. Carou
The broken circle breakdown (Alabama Monroe), de Felix Van Groeningen
J. Carou. De igual maneira que o feito supraordinario do namoramento queda excluído do ámbito da racionalidade, así a perda dun fillo excede calquera posibilidade real de rehabilitación emocional. O amor acostuma ser materia predilecta de demolición divina. Toda morte dun ser querido un acto de humillación extremo do sentido da vida humana. E nada máis sagrado para uns pais que o porvir, en sentido literal, dos seus fillos. Infindamente máis ca calquera divindade probábel. A existencia non pode ser outra cousa que devezo por construír, que desexo de amar. Fóra disto non hai dignidade, só aparencia. Algúns universos zumegan desgraza, como o da parella de namorados protagonistas do filme. Continue reading The broken circle breakdown (Alabama Monroe), de Felix Van Groeningen