Uxía Casal. Todos os días, cando miro a prensa, teño a esperanza de que non saian máis novas da matanza; cada día esa esperanza morre cribada polo desatino. En tempos remotos queimaban as mulleres en fogueiras cando as denunciaban por bruxas; pouca defensa podían achegar ante unha acusación que non había xeito de probar, mais os outros aceptaban cos ollos pechados. Seguir lendo Lume
Arquivo da categoría: Fotografía
Fotos
Antón Riveiro Coello. Para Cansinos-Asséns viaxar é só un movemento da imaxinación, algo fantástico para os sedentarios, ou unha tortura cando viaxas con mentalidade de pobre e o queres ver todo, mallando o corpo moito máis que cando estás a traballar. Gustaríame saber cal é a porcentaxe real de viaxeiros no sentido estrito da palabra, é dicir, persoas que marchan só con billete de ida Seguir lendo Fotos
A conciencia da galiña morta
Marina Losada Vicente. Contoumo a filla, certificando que a súa nai era unha boa muller, de gran corazón. Tivera un pedido inusual aquela mañá. Entrara na tenda Ricardo, un veciño da aldea, que non tiña cartos para cousa ningunha, moito menos para tales praceres, polo que difícil sería que volvese entrar alí. Pedíralle que lle matase unha galiña para o día seguinte, que tiñan algo que celebrar. Seguir lendo A conciencia da galiña morta
O home libre e diminuto
Noelia Toledano. Nun tempo, na miña aldea, retrataban o tránsito cara á outra vida. Os da outra costa do Atlántico pensaban no defunto solitario da casa colonial coma un neno sen familia no país e con cartos. Non dixen nada. Non tiña familia e si moitas débedas. Seguir lendo O home libre e diminuto