Lume

BS27P1F1_224657Uxía Casal. Todos os días, cando miro a prensa, teño a esperanza de que non saian máis novas da matanza; cada día esa esperanza morre cribada polo desatino. En tempos remotos queimaban as mulleres en fogueiras cando as denunciaban por bruxas; pouca defensa podían achegar ante unha acusación que non había xeito de probar, mais os outros aceptaban cos ollos pechados. Hoxe non hai fogueiras desas, a sociedade non o permitiría, mais abonda que un home as coide propiedade privada e pretenda que actúen segundo os seus desexos, para -no caso de non o facer- pensar que está no seu dereito de eliminalas. Hoxe o lume converteuse en calquera outra arma, útil para o mesmo fin: destruír e impedir a liberdade. E así, día tras día, vemos como unha e outra e outra caen baixo as gadoupas de animalias que non saben adaptarse ao mundo actual nin comprenden que o dereito humano máis básico é a vida, e que ninguén é dono da vida doutro; que non saben respectar as diferenzas que nos enriquecen, que nos fan seres humanos completos; animalias que ignoran o significado da palabra evolucionar. A pulsión por dominar ao seu antollo a quen cre inferior ou sabe que é superior lémbrame que a ansia de poder, mal entendida, produce monstros.

Un comentario en “Lume

  1. Boas noites Uxía:

    A pesar de que para mí, el domingo es un día de mucho trasiego, no quiero dejar pasar por alto el contenido de tu entrada.
    Te doy toda la razón, algunos piensan que tienen privilegio con patente sobre la mujer, y siempre fieles a su misoginia, a veces con los más fútiles pretextos, diluyen su frustración en odio contra quien tienen más a mano y seguramente a quien más le deben.
    ¿ Habrá alguna forma de eludir este desatino ? ¡ Claro que sí ! no callándose y no dejar que el silencio corra por la línea telefónica. Hay que gritarlo a los cuatro vientos para que la gran vida, con francachelas y juergas, se la peguen en la cárcel

    Besiños palmeiráns, Uxía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>