Branco, camiño branco

215ebee54b151c9537ac585c7d6682aaFidel Vidal. O branco é o branco de neve dos contos de fadas, o branco da neve que tanto impresionou a John Christie: “Tralo o último libriño, nunhas poucas (citas) había referencias á neve ou á brancura. A maioría débense á miña fascinación polos primeiros exploradores polares”. Así Frederick Cook, sobre o Ártico: “… ningunha liña separa a terra do ceo, que están feitos da mesma substancia; non hai horizonte nin fondo nin perspectiva nin límite ningún, nin contorna nin forma nin centro”. Una desorientación a nos confundir en se pisamos auga, ar ou chan, de saber sobre o noso lugar. E resulta o mellor comezo para dar co final. Velaí unha síntese do Un como principio e fin: o lenzo en branco.

“Quedarse en branco”, é a típica expresión de sorpresa ao non saber ou non dar coas respostas nun exame. O concepto de lenzo baleiro talvez pareza un invento ou unha ocorrencia do século XX, pero en realidade “os primeiros experimentos remóntanse a finais do XIX”, concretamente a un grupo de artistas franceses coñecidos como ‘Os Incoherentes’, quen cun sentido de humor irreverente e irracional, “en 1883 organizaron en París a súa primeira exposición co nome Unha exposición de debuxos por xente que non sabe debuxar”. Nela, hai pinturas monocromáticas, nas que salientamos a de Allais titulada Primeira comuñón de mociñas anémicas na neve. (A. Gamero, Antoloxía do lenzo baleiro, 2013)

Se Nietzsche berra: “Que todos se convertan en bailaríns e cada espírito en paxaro”, está a reclamar unha cultura dun mundo branco. Un espírito que voa, libre. E cando o mestre Zen di: “o lugar do espírito non está en ningures, é como as pegadas dos paxaros no ceo”, refírese ao mundo branco, e ao camiño que o leva a el, é dicir, ao camiño dos paxaros. (John Christie, 16.1.1998) Os espíritos libres a voaren seguindo a ruta dos acertos, de daren sempre no branco, no centro da diana.

Como-lavar-la-ropa-blanca-1A cor branca é a tendencia das nosas prendas. É a cor de moda (da Prensa). Por tempadas, naturalmente. Case supón unha ousadía pensar no branco como unha cor. Sobre todo desde a imposición do papel como principal soporte de textos e imaxes creativas. Noutrora supoña algo obvio preguntar se o branco é realmente unha cor. “Para os nosos antepasados”, di Pastoureau, “non había ningunha dúbida: o branco era unha verdadeira cor”. “Definíase como incoloro todo o que non contiña pigmentos”. No entanto hoxe –aínda aceptándoo como unha cor-, no noso vocabulario o branco está asociado á ausencia de algo: “unha páxina en branco (sen texto), unha noite en branco (sen pegar ollo), un cheque en branco (sen importe)”.

E velaquí o Branco sobre branco de Malévich, un dos fundadores do Suprematismo, e ningunha obra máis emblemática que esta dos brancos. “Sentimento puro” en xeometrías, obras destinadas a transmitir sensacións, como as de voar ou desaparecer. Mais adiante, o minimalista Robert Ryman foi quen de realizar unha serie en branco de Clássicos numerados. Para el a arte, igual que a música, expresa sensacións moi persoais. Na súa extensa obra, cando non en exclusiva, sobresae o branco. Afirmou que non tiña ningunha intención de “facer pinturas brancas. Se utilizo o branco é pola súa natureza, porque aclara máis as outras cores, pero é un elemento menor”. “Cando miro os paneis brancos que teño no estudio, vexo o branco pero non son consciente de que son brancos. Interaccionan coa madeira, a cor, a luz e coa parede. É a forma na que penso neles”.

3 comentarios en “Branco, camiño branco

  1. Queridos los dos:
    Entre ambos habéis agotado toda referencia al color -o no color- blanco. Sin embargo, a falta de otra cosa, quiero añadir algo que me parece no desentona en demasía con vuestro discurso de altura: hace un montón de años, encontrándome visitando el Centro Pompidou (o “Fabrica de Cervezas”, que también lo llamaban) en París, me paré delante de un cuadrito que no era más que una cuartilla en blanco enmarcada entre cuatro listones pintados del mismo color -o no color-. El autor -del que no recuerdo el nombre ni lo conocía- lo titulaba: “Nada”. Al lado, otro cuadro idéntico al anterior, excepto en una pequeña línea de bolígrafo rojo, tenía por nombre: “Algo”. (En francés, claro).
    Puntos de vista…
    Un abrazo a los dos.

  2. Está moi ben o do branco da Igrexa co seu papa de branco á cabeza, miña atenta Magdalena, pero sen esquecer que segue a ser a maior fabricante de sepulcros branqueados da historia.
    “Camiño, camiño branco/ non sei para donde vas/ mais cada vez que te vexo/ quixera poderte andar”, cantou Rosalía de Castro. Pois iso.
    Bicos candorosos cos ollos en branco.
    Saúde.

  3. Buenos días, querido Fidel:
    Cuánto ha dado de sí ese “elemento menor” llamado color blanco.
    La imaginación de “Os incoherentes” supongo que habrá sido recompensada por haber plasmado en ese cuadro tan original título: “Primeira comuñón de mociñas anémicas na neve”. La cartela contenía más curro que el lienzo en sí, pero… Imaginación al poder. Para “Os incoherentes”, a su cuadro en blanco, le bastaban los colores del ingenio. Atenea, la diosa de la sabiduría también vestía de blanco.

    ¿ Qué te parece si les damos otra idea ?
    En un lienzo blanco pintar la indumentaria de la Piedra Fundamental de la Iglesia, o sea, el traje del papa, su alma blanca ( es de suponer que la tenga ) con su pelo también blanco, y enarbolando la bandera de la paz encima del caballo de Santiago Apóstol.
    Como ves, querido Fidel, resultaría tan colorido como el nombrado. Con suerte, igual les daban un cheque en blanco, pero este con opción a poder marcarlo con números del color opuesto.

    Blancos besiños palmeiráns ( color de la castidad ) querido Fidel.

    Un de-leite leerte .

    ANA LAVA LANA ( que es blanca ) con EUfOrIA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>