Fotos

collage-digital_19-100825Antón Riveiro Coello. Para Cansinos-Asséns viaxar é só un movemento da imaxinación, algo fantástico para os sedentarios, ou unha tortura cando viaxas con mentalidade de pobre e o queres ver todo, mallando o corpo moito máis que cando estás a traballar. Gustaríame saber cal é a porcentaxe real de viaxeiros no sentido estrito da palabra, é dicir, persoas que marchan só con billete de ida e vocación de descuberta, dispostos a se perder ou bater con algo imprevisto. Sospeito que cada vez quedan menos porque non é doado saír dos circuítos turísticos, desas visitas imprescindibles, desa obsesión por esgotarmos o mundo, de estarmos nos lugares máis importantes que adoitan figurar nos catálogos das axencias. O viaxeiro está feito doutra pasta. Un meu amigo que leva viaxando dende hai corenta anos polo mundo sempre di que para viaxar hai que aburrirse. Ten que haber momentos de perda, de non saber que facer, de abrirse á perspectiva dun encontro, de afastarse un pouco e bater nunha vila dubidosa, de subir a un autobús ateigado de oriúndos que van ou volven do traballo. A diferencia dese tempo co do turista descansa no verbo. Nun caso estamos e no outro pasamos. Hai quen malia viaxar moito nunca sae da casa e máis agora que veñen días de exhibición nas redes con esa enxurrada de fotos que se suman ás que xa radiaron en directo e sen ningún pudor a viaxe. Para a maioría de nós a viaxe confirma o lugar de orixe. Manuel Vicent di que descubriu o Mediterráneo no Café Xixón madrileño. Iso non é malo, porque explica que a medida do mundo está en nós. O peor é cando de todos os lugares visitados non traemos máis ca fotos e vídeos que temos que mirar unha e outra vez para nos preguntarmos se realmente o pasamos ben e a viaxe pagou a pena.

3 comentarios en “Fotos

  1. Querido Antón:
    Mi vocación viajera, con afán de descubrir lugares desconocidos, nació hace pocos años, cuando me atreví a tomar por primera vez un avión (una mala experiencia de niña en las barquillas de las fiestas y otra en helicóptero, después, me hicieron coger horror a cualquier medio de transporte que se elevase más de medio metro del suelo) y me di cuenta de lo que me había perdido; porque aquella me pareció la más maravillosa forma de viajar, a pesar de las largas esperas en los aeropuertos.
    Por desgracia, mis pocos viajes en avión fueron siempre a través de una agencia con el recorrido programado. Aún así, no me importaría repetir. Por mi cuenta, sólo planifiqué un viaje de doce días -“con mentalidade de pobre”- a París con parte de mis hijos. Fue un viaje muy bien aprovechados en el que, durante la ida y la vuelta, experimenté lo que era dormir en tienda de campaña. (Por suerte, en aquella época no existía los móviles actuales).
    En mi caso, lo de perderse en una excursión es bastante habitual. La última vez, ocurrió en Praga. Lo único que eché en falta fue el dominio de otro idioma, porque con el español poco se puede hacer en Centroeuropa.
    Dicen que Kant no salió prácticamente de Könisberg y, sin embargo, podía hacer la descripción de un lugar como si hubiese vivido en él. Y eso que no existía Internet…
    Soy poco amiga de los viajes virtuales, pero a falta de otra cosa…
    Boas noites.

  2. Tan cierto como la vida misma Antón: Me refiero a que has dicho una verdad como un templo en tu artículo. Y es verdad, ya que en alguna ocasión hemos salido de viaje, y como tú bien dices, lo único que hemos traído con nosotros, son unas fotos con algún que otro vídeo, que tenemos que “ollar unha e outra vez” para recordar si realmente lo hemos pasado bien o el viaje ha valido la pena.- Claro que después de lo narrado por ti, y dicho por Manuel Vicent, podríamos ahorrarnos mucho dinero.- Él foi maís listo “cando decubriu o Mediterráneo no café Xixón madrileño”. ¡Qué parvos somos!, co que poderiamos aforrar.
    Me gusta como escribes.
    Un cordial saludo desde este bello rincón de Palmeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>