Os Borbóns en pelota

Borbones_en_pelotaFidel Vidal. DORIO DE GADEX: Sabe vostede quen é o noso primeiro humorista, Don Filiberto? /DON FILIBERTO: Vostedes os iconoclastas dirán, quizais, que Don Miguel de Unamuno. / DORIO DE GADEX: Non, señor! O primeiro humorista é Don Alfonso XIII. /DON FILIBERTO: Ten a viveza madrileña borbónica…  (Valle-Inclán, Luces de Bohemia).

En xullo de 2007, segundo notificaba 20minutos.es, aparecía na portada de El Jueves unha caricatura dos entón Príncipes de Asturias, Felipe e Letizia, en pose erótica un tanto heterodoxa. “Era un chiste a conta da nova medida do Goberno de Zapatero de outorgar 2.500 euros ás nais por cada novo nacemento”. O Príncipe dicía: ‘Se te quedas preñada…. Isto vai ser o máis parecido a traballar que fixen na miña vida!’ O xuíz Del Olmo ordenou o seu secuestro; no xuízo posterior, os autores Guillermo Torres e Manel Fontdevila foron condenados a pagar cadansúa multa de 3.000 euros”.

A lea que se montou despois desa publicación deu lugar a que se destaparan os escándalos da tataravoa do actual monarca emérito don Juan Carlos, a raíña Isabel II, quen padeceu “nas súas propias carnes a ironía das acuarelas do século XIX”. Referímonos a Los Borbones en pelota, dos irmáns Bécquer. Este é “un libro de ilustracións creado por Gustavo Adolfo Bécquer e o seu irmán Valeriano Bécquer, no que na Corte da época aparece caricaturizada en posturas pouco decorosas viñeta tras viñeta até en 89 ocasións”, segundo o mesmo diario dixital.

Atopar un exemplar dese álbum hoxe en día e case imposible, se ben podemos achegarnos a esa obra asinada por SEM, nunha edición do Institución Fernando el Católico (Deputación de Zaragoza, 2012), cun documentado estudio introdutorio de Isabel Burdiel. Trátase das láminas a cor que poñen en evidencia a afección ao sexo e a sona da vida licenciosa de Isabel II. Los Borbones en pelota, baixo o pseudónimo de SEM, non foi editado até 1991. Sen embargo, en 1920 púxose en circulación desde “Farsa e licenza da raíña castiza” en tres números da revista madrileña La Pluma. Los_borbones_en_pelotas_gravado“É unha burla de Isabel II e a súa corte, a propósito do furor uterino e a desvergoña da soberana”. Valle-Inclán tivo a xentileza, ou a ocorrencia, de lle “enviar un exemplar á súa maxestade o rei católico Alfonso XIII, coa seguinte dedicatoria: “A S. M. o Rei D. Alfonso XIII. Señor: Teño o honor de enviarvos este libro, estilización do reinado da vosa avoa Dona Isabel II, e fago votos para que o voso non suxira a mesma estilización aos poetas do porvir.” (Arturo del Villar, Valle-Inclán. Una sonata republicana / Nuestra memoria, UCR).

Sabía que Valeriano Bécquer seguira os pasos do seu pai, pintor costumista, e dotado dunha depurada técnica, mesmo con cadros no Museo do Prado. O que descoñecía era que Gustavo Adolfo Bécquer, o autor romántico de Rimas e Leyendas, artífice de poemas que comezan con versos tan coñecidos como Del salón en el ángulo oscuro, ou Volverán las oscuras golondrinas, fose un habilidoso pintor capaz de colaborar co seu irmán en tan escabrosas escenas, cualificadas de “pornográfico-satíricas”, nas que tamén se ridiculiza a Francisco de Asís, curmán e esposo de Isabel II, debido á súa presunta homosexualidade, e que os Bécquer distinguen como “o rei consorte, primer pajillero de la corte.”

4 comentarios en “Os Borbóns en pelota

  1. Querido Fidel:
    ¡Con Paquita, no! Pero qué otra respuesta podía esperarse de una fogosa mujer a la que obligan a casarse con un “chico fémina”, como se denominaba a sí mismo un mariquita de mis tiempos de niña creyendo que se trataba de un apelativo finísimo. Aun así, es de suponer que de los doce hijos habidos en el regio matrimonio, alguno habría sido engendrado en el tálamo conyugal.
    No recuerdo si lo leí en los “Episodios nacionales” de Galdós o lo oí en alguna charla: el caso es que uno de los innumerables amantes de la Reina Isabel II -la española, se supone- era muy aficionado a la ópera. Cuando faltaba a la función, el público, que echaba en falta su presencia, lo comentaba con la frase de Tácito: “Brilla por su ausencia”. (La silla, por supuesto). Pero por más que intento recordar el nombre del amante, no lo logro.
    Si tú no aludes a ello, nunca se me ocurriría relacionar esas imágenes tan…satíricas con el Bécquer romántico por excelencia.
    Aunque Magdalena siempre me da el toque, me retraso en las respuestas porque ando metida en fiestas y saraos. Ayer le tocó a la “Asociación de Vecinos” del barrio. Aunque la fiesta iba dirigida a los niños, al finalizar, los bares y restaurantes de la colonia nos agasajaron a los mayores con una espléndida cena al aire libre.
    Que os teus sonos sexan fermosos.

    1. Con marido medio ou sen marido guay, iso non é motivo para que a dona se meta calquera cousa a calquera hora e en calquera lugar e con quen queira que fose ou foses. E que sigan as festas, prezada Carmen, de bares e restaurantes, coa desculpa dos nenos. Non te esquezas do noso café -aí estará Magdalena para evitalo-. É un pracer ler os teus comentarios. Saúde e os mellores encaixes e sonos e desexos desde “provincias”.

  2. Después de un efímero descanso a mis cansados ojos, hoy se han quedado ojipláticos al contemplar a la reina con Carlos Marfori ( su favorito ) sentado en el trono y a su primer ministro González Bravo con ese descomunal pene. Pero si consideramos la homosexualidad de “Paquito” – así le llamaban los epigramistas al marido de la reina, don Francisco de Asís – con corona o sin ella, la reina era una mujer, y por lo leído, fogosa como un volcán.

    “Paquito natillas
    es de pasta flora,
    y orina en cuclillas
    como las señoras”.

    Y, la pechugona no se complacía con natillas de pasta flora porque:
    “Sentada está en la poltrona
    con chulo, cetro y corona”.

    Para despedirme, querido Fidel, haré uso de una preciosa frase del autor de “Á sombra da cinza” : “o mar donde somos libres, do mar de amor e de amores a mares”.

    Al parecer Isabel II disfrutó de ese mar de amores.
    Besiños palmeiráns máis castos cos da raiña.

    AMADA DAMA fue la ImpEtUOsA Isabel.

    1. Grazas pola cita, ojiplática Magdalena, e polo engadido aos Borbóns en pelota, sempre tan axeitado.
      Saúde e un sorriso nos labios.
      fOgUEIrA n’ O COLLON OLLO CO…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>