Pilar Sampedro. Para conmemorar os 25 anos do CGAC, iluminouse Bonaval cun traballo de Javier Riera. Unha proxección de luz, filtrada con motivos xeométricos, sobre a vexetación. A noite foi intervida polos reflexos que se pousan e transparentan as masas arbóreas. Porque o CGAC expándese no exterior, amplíase ao parque, vai cara a fóra. Seguir lendo Compostela, territorio fotográfico
Arquivo da categoría: Fotografía
A Montaña Máxica
Moisés Suárez. Está a 40 Km de Porto e foi un Sanatorio de tuberculosos ata os anos 60. As ruínas érguense nun outeiro e intuín que, se de alí saía un proxecto fotográfico, o nome sería “A Montaña Máxica”. Saíu unha exposición, e os comentarios dos asistentes ían acompañados de historias sobre o edificio. Seguir lendo A Montaña Máxica
Ruralízate
Moisés Suárez. Agardo que o feito de que o home que sae na foto sexa o pai da miña tía Fina sirva para eximirme de calquera dereito de autor que non teño. Se non enleareime nunha vórtice xurídica contra toda a corrección política que nos invade. De aquí a que o xuíz dite unha sentencia, entre folga e folga, talvez mudaran os tempos tanto coma desde que pola ponte da Pasaxe circulaban as vacas en hora punta sen concorrencia con ningún vehículo. Seguir lendo Ruralízate
Roque
Natividad Rey. Albino dedicábase á fotografía, capturaba momentos únicos polas aldeas do concello de Rianxo na metade do século pasado. Un día foi ata á aldea de Abuín —na véspera de San Xoán— e viu dous rapaces que buscaban plantas milagreiras para poñeren en auga ao resío da máxica noite. A recolleita das plantas e flores aromáticas era do máis habitual; pero quedou impresionado ao ver un corvo que traía na man o rapaz. A ave estaba domesticada e saltáballe dende o ombreiro ata a man do seu amo sen escapar. Cando un veciño comezou a tocar o acordeón, o corvo berraba ao son da música e sacudía as ás. Parecía contento como se quixese bailar. Albino preguntoulle ao rapaz como fixera para desbravar esa ave, e díxolle: «chámase Roque e collino cando aínda estaba no niño no Agro do Pardo. Seguir lendo Roque