Fidel Vidal. A novela de Antón Riveiro Coello, O paraíso dos inocentes (Galaxia, 2020), premio Torrente Ballester 2019, envolvente e suxestiva, lévanos da man de persoas entrañables e non de personaxes, de vidas aventuradas, de sacrificios e de esperanzas que non vou comentar nesta achega. Se acaso, e por sinxela asociación de palabras e ideas, quedei atrapado nalgunha das expresións que me convidaron a un descanso, unha pausa para pensar. Nesta ocasión unha paradiña sobre a “beleza” do tráxico e na traxedia que implica a destrución. Ou mesmo da pobreza (Sebastião Salgado, arte povera) e que pode acadar, sen relación ningunha coa denominada sublimación pola psicoloxía, unha forma de arte. Continue reading Beleza sucia →