Maxi Olariaga. Sinto por don Miguel de Cervantes un respecto reverencial, case inclinado á adoración. Todas as verbas que deixou esvarar da súa pluma foron escritas desde a liberdade que dá o saberse un escollido e, por iso, un desprezado polas autoridades do seu tempo. O meirande dos grandes, esquecido nun cárcere de Arxel! Seguir lendo 14 de abril
Arquivo da categoría: Fotografía
Retratos reais
Francisco Ant. Vidal Blanco. Un retrato é algo máis ca calcar unha imaxe. A expresión do retratado, o entorno, a relación entre as personaxes dentro dun grupo, fala máis deles ca se lle saen as engurras da idade ou as olleiras dunha noite de esmorga. E se o retrato é para testemuñar un feito histórico, non se pode limitar a ser unha instantánea sen máis, necesita desas outras formas e xestos que o engalanan. Seguir lendo Retratos reais
Piscinas. Nostalxia das cadernas
Carlos Mosteiro. Así, protexidos polos rochedos acolchados polo brión, como se fosen gardiáns dun exército medieval, a auga é un remanso de paz, está lonxe da aparencia destrutiva que adopta en non poucas ocasións. Agora está rodeada deste muro de protección, como ameas dun castelo que protexe un Santo Graal líquido. Seguir lendo Piscinas. Nostalxia das cadernas
Esperando o verán
Carlos Mosteiro. Relaxados, nun ambiente estival. Hora das confidencias entre amigos. Semellan compañeiros de vacacións, falando das súas cousas, unhas brazadas antes da comida, das cervexas no chiringuito. Conseguiron, durante un tempo, dar esquinazo aos cativos, á familia, que estarán estomballados preto do areal, chapoteando, mergullándose e saíndo verticais cara arriba en pinchacarneiros inconcibibles. Seguir lendo Esperando o verán