María Xesús Blanco. Paisaxe silenciosa. Suave. O marco da fotografía é o oco dunha ventá. Perspectiva dende a fiestra do dormitorio principal. A alborada semella luminosa e, ao mesmo tempo, cadenciosa. A beleza xorde devagar, como a neve. Non todo é frío e escuridade nos meses do solsticio. Seguir lendo Solsticio de inverno
Arquivo da categoría: Fotografía
Curiosidade
Carlos Mosteiro. Así é como debeu empezar a filosofía. Debeu ser primeiro un achegamento curioso, esa mirada perplexa, silandeira, temerosa, case tremente cara ao coñecemento ou ao descoñecemento; en todo caso, cara ao misterio. Os ollos agrandados, preparados ante o que poida pasar, o perigo que se atopa indefectiblemente diante da aventura intelectual, máis alá dos parapetos defensivos, das seguridades que xa non existen. Seguir lendo Curiosidade
Luz
Uxía Casal. Levo enriba unhas cantas estacións e podo afirmar que, polo momento, a que máis me gusta é o outono, coma a tantos outros que gozan desa luz dourada, menos intensa cá do verán e máis viva cá do inverno, dos matices tan variados da gama de marróns e ocres que co paso dos días vai dotando as follas das árbores, da aparición de novos animais e a marcha doutros… Seguir lendo Luz
Fea, católica e sentimental
Mariña Pérez Rei. Ben podería dicirse que a costa galega lle debe á Creación a factura eterna da súa beleza. Que ten que pagar peaxe de por vida. Coma Dorian Grey ante o seu retrato. Ás veces esa débeda maniféstase en forma de menosprezo. Desde Estrabón a Aymeric Picaud. Os galegos somos xente de mal xenio, tribo brava, ásperos e impenetrables coma a nosa paisaxe, dignos dunha eterna evanxe-lización. Tan infinita coma rancia. Seguir lendo Fea, católica e sentimental