Luz

limónUxía Casal. Levo enriba unhas cantas estacións e podo afirmar que, polo momento, a que máis me gusta é o outono, coma a tantos outros que gozan desa luz dourada, menos intensa cá do verán e máis viva cá do inverno, dos matices tan variados da gama de marróns e ocres que co paso dos días vai dotando as follas das árbores, da aparición de novos animais e a marcha doutros… Gózase máis del, se cadra, despois dun verán tan prolongado coma o deste ano, que semellaba non ter fin e nos fixo botar de menos uns días de chuvia. Porque así somos nosoutros, os galegos, tan amantes do sol como morriñentos dunhas pingas que nos alivien del.

Nos sitios con mar esa luz adquire unha fondura maior, quizais por actuar ese mar coma unha lente reflectora, que converte o paseo nun interminable xogo de claroscuros, de sombras alongadas que destacan no chan da tardiña como se pretendesen indicarnos o camiño. Parece incrible que as cores dos obxectos avivezan de tal xeito que semellan acabadas de pintar; que o azul do ceo actúe coma unha pantalla na que resaltan en relevo casas e valados; que a atmosfera vibre tan animada coma un cachorro rebuldeiro… Este outono é especial: o primeiro sen mamá, pintora afeccionada, amante das cores e o debuxo, amante da vida.
Esta entrada foi publicada en Fotografía, Narrativa, Uxía Casal. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Luz

  1. Magdalena di:

    Esos colores y matices que consigues plasmar en el folio, ya es un cuadro perfectamente irisado como para que tu progenitora se sienta orgullosa, pues como decía Leonardo da Vinci : ” La pintura es una poesía que se ve y no se oye, y la poesía es una pintura que se oye y no se ve ” y tú lápiz Uxía, escribe poesía en colores.
    Tu madre a visto tu artículo como uno de sus cuadros. Te lo aseguro.
    Besiños desde Palmeira

  2. Magdalena di:

    Querida Uxía: permíteme que así te denomine aunque no te conozca, porque tu pequeño pero intenso artículo me ha emocionado. Antes de acabar de leer, te imaginé pintando, discribías tan bien los matices y colores, esos claroscuros de sombras que el otoño nos regala, que así lo imaginé. Pero al llegar al final me dí cuenta porqué eras capaz de trazar imaginariamente esa gama de colores otoñales como si en esos momentos en lugar de encontrarte ante el ordenador estubieses admirando la naturaleza en un hermoso paraje. Te comprendo perfectamente Uxía.
    Hace dos que yo no comparto con la mia, no los bellos paisajes porque no le gustaba salir de casa, pero sí su alegria, cariño, y buen hacer.
    Besiños Uxía

    • Uxía Casal di:

      Graciñas, Magdalena. Miña nai intentou que pintásemos e gozásemos da pintura coma ela, pero os nosos camiño foron por vieiros diferentes. O que non cabe dúbida é que nos axudou a mirar con ollos preñados de colores e de matices as cousas da vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>