Arquivo da categoría: Fotografía

Feliz aniversario, Mr. Berger (III)

berger fotogGonzalo Trasbach. Como nada foi alleo á súa mirada, tampouco lle quedou atrás a fotografía. O mesmo que se ocupou do centeo, da herba, das vacas, dos enterros dos campesiños e das facturas dos veterinarios, así tamén lle dedicou sobresaíntes comentarios á función da fotografía no mundo contemporáneo, e ademais resaltou os aspectos artísticos das obras dos mellores fotógrafos: “Para entender a fotografía” (GG, 2016). A súa mirada está tamén adestrada no terreo urbano. Porque foi un gran viaxeiro: Dublín, París, Grecia, India, Turquía, Moscova, México, Barcelona, Madrid, Lisboa, Nova York… Seguir lendo Feliz aniversario, Mr. Berger (III)

O sempre longo adeus

longo adeusMaxi Olariaga. Longo, si. Longo, escuro, abafante. Toda unha vida esas mans pretendendo apañar no ar das estacións os bicos que aboian no mar de asubíos do tren. Toda unha vida mesturando as bágoas propias co pranto das rodas esvarando nas vías. Canta o tren como canta o carro camiño da eira cargado de esterco para preñar o ventre dondo da terra. Seguir lendo O sempre longo adeus

Lesmes fotógrafos. Retrato emocional dunha vila

lesmes
«Mariño con vacas» FOTo LESMES FOTÓGRAFOS

Antonio Piñeiro. Permítanme escribir hoxe dende o afecto, porque a obra, inconmensurable, xa fala por si mesma. E permítanme facer deste afecto a expresión de todo un pobo, a nosa admiración. Porque Lesmes (Lesmes, Manolo, Andrés, Carlos?) é máis ca un fotógrafo da luz, da forma ou da imaxe. É un preservador da realidade, un retratista da emoción, un paisaxista do vivido e do sentido. Seguir lendo Lesmes fotógrafos. Retrato emocional dunha vila

Especies

O FIO. IMAXEUxía Casal. Foi ao instalármonos en Ribeira cando vin clara a posibilidade de ter un can; mellor dito, unha cadela. Derrotada a fobia que lles tiña, desexaba saber que era convivir con esa especie que tantos praceres lles reportaba a moitos. Como novata que quere facer ben as cousas, informeime a conciencia: lin libros sobre razas, etoloxía, costumes, hixiene e todo canto me pareceu necesario para iniciar esa aventura Seguir lendo Especies