Arquivo da categoría: Fotografía

As crebas, outro xeito de andar ao mar

Crebas1Antón Riveiro Coello. As crebas son os restos que as ondas deixan no límite das mareas: refugallos de naufraxios ou aparellos que desbota o mar. Moitos, sobre todo os de interior, descoñeciamos até hai pouco o termo; talvez a película Os Crebinsky trouxo a descuberta destes “crebeiros” que tamén andaban “ás crebas” nun poema do extraordinario libro Estirpe de Xosé Luís Méndez Ferrín. Pois ben, Francisco X. Fernández Naval, un escritor de primeira fila da nosa literatura (A noite branca, para min, é sen dúbida unha das mellores novelas escritas na nosa lingua) vén de publicar, coa fotógrafa Maribel Longueira, o libro As crebas: Outro xeito de andar ao mar (Baía Edicións). Seguir lendo As crebas, outro xeito de andar ao mar

Isabel Rego: A metáfora das pegadas

isabel rego
A imaxe fotográfica non é representación, é ficción -Jean Baudrillard

Eme Cartea. Considérase a fotografía como a imaxe obxectivada da realidade. Pero a máquina non exime do compromiso de dicir esteticamente. Nin mesmo é necesaria. A máquina é o medio que capta un instante fugaz para dotalo de significación. É o telescopio que descubre novos universos onde o que importa son os universos. Seguir lendo Isabel Rego: A metáfora das pegadas

Tempos difíciles

tempos difícilesMaría Xesús BlancoA luz do mediodía cega os ollos dos que miran á cámara. Naquela hora o mar petaba no peirao e as dornas bambeaban ás costas do fotógrafo. Escoiten o ruído dese outro tempo inmortalizado no papel. Intúese, máis aló da escena, un ruxerruxe lento de barcos achegándose á terra. E o bulicio canso dos mariñeiros carrexando as caixas de peixe. Seguir lendo Tempos difíciles

Homes falando

homes falandoCarlos Mosteiro. O lume, amigo que quenta as duras noites de inverno, está ás súas costas, dialogando amorosamente coa gramalleira. Eles parecen ignoralo, desenténdense, porque saben que está aí, que seguirá estando aí, inda que non o miren, inda que o ignoren. Ben saben que é un protagonista esencial na escena, un personaxe máis, e non precisamente secundario. Seguir lendo Homes falando