Arquivo da categoría: Fotografía

Ruina montium

O fío de Ariadna Mauricia CesMauricia Ces Quintáns. Atrás queda o verán, coa súa calor… As hostes non marcharon. Os romanos seguen inesgotables na procura do ouro dentro da terra. As negras cordilleiras que percorren a chaira dan testemuño vivo da súa afanosa industria. Medulas antigas salpican o solo furado das montañas; abandonadas entre a vexetación, apuntan ao ceo, ás veces azul, ás veces gris, do outono os cumios isósceles Seguir lendo Ruina montium

Conversas de escaparate. Unha de mortos

2B0A.tmpFidel Vidal. -Non te fíes de ninguén, nin de min. Desconfía, en especial dos aproveitados que aparecen pola porta con cariña de santos. .

-Que me vas dicir. Onte mesmo, aos meus pés, un deses santiños cravoulle un coitelo ao malpocado que procuraba pasar a noite aquí. Xa vai polo terceiro.

-Eu só pretendo aconsellarte sobre o de liscares do escaparate, o noso cárcere dourado con vistas. Seguir lendo Conversas de escaparate. Unha de mortos