Arquivo da categoría: Fotografía

Conversas de escaparate. O mellor modelo

fidel 1Fidel Vidal. -Aínda non me vexo coa valentía de confirmar ou negar esa relación.

-Pero se acabas de o coñecer.

-A primeira vez que nos vimos resultou excitante. A forma de falar, o ton de voz, si, a súa fala resultoume sedutora.

-Estás ben segura de que falaba contigo?

-Sei que me adulaba pero non lembro con que discurso, só a dozura do seu dicir. Seguir lendo Conversas de escaparate. O mellor modelo

Na fronteira

20201129_135621María Xesús Blanco. Nove da mañá. Nove graos. Primeiro día de vacacións. Hai quen goza durmindo ata as tantas. Eu non. Érgome cedo, preparo café e saio a camiñar. Ás veces levo a cámara. Gústame pousar a mirada en carreiros silenciosos e en estradas illadas que se cruzan. Tamén en sendeiros anegados de xeada que abren ronseis pola espesura do monte. Parar e observar. Seguir lendo Na fronteira

Paxarada, de Amancio Losada

1 amancioX. Ricardo Losada. Sempre admirei ese costume francés de regalar nas festas de Nadal o que eles chaman beaux livres (libros fermosos), é dicir, libros de gran formato, con moitas ilustracións de cores moi logrados, papel cuché e encadernados en tapa dura, de impresión moi elaborada, e variadas temáticas, desde a gastronomía á caza, pasando pola arte ou o cine, e que invitan máis a ser ollados e folleados, que a ser lidos. Seguir lendo Paxarada, de Amancio Losada