Arquivos da categoría Pedro García Vidal

A invención da Natureza. O novo mundo de Alexander von Humboldt (I)

Alexander von Humboldt,  Prussian geographer, naturalist and explorer (1769 -1859)Pedro García Vidal. A primeira vez que escoitei nomear a Humboldt -non podía ser doutro xeito- foi nunha clase de Xeografía de bacharelato. O admirado profesor Antonio Gutiérrez de Velasco trataba de explicar como a presenza da corrente fría coñecida por ese nome influía no clima dos países que miraban a costa occidental de América do Sur. Máis tarde souben que ese apelido bautizaba innumerables lugares e fenómenos xeográficos espallados por todo o mundo: serras, ríos, baías, glaciares, montañas, fervenzas, plantas, animais, e tamén prazas e rúas –unha delas na cidade da Coruña- e que correspondía a un dos máis grandes científicos da historia: o naturalista e explorador alemán Alexander von Humboldt. Continue reading A invención da Natureza. O novo mundo de Alexander von Humboldt (I)

A cacería, de Amadeo Cobas

a caceriaPedro García Vidal. «A Gran Cacería é o acontecemento máis sobranceiro na poboación. Ao albiscar o inverno, unha partida de homes sae a facer a batida das pezas que han soster os nosos meses escuros e fríos. Un meniño coma min deixa de selo coa participación na cacería». Desta maneira comeza o novo libro de Amadeo Cobas (Noia, 1966) quen, dun xeito trepidante, nos introduce na loita pola supervivencia dun pobo personificada na figura dun neno.

Ao igual que sucedía na súa ópera prima en lingua galega, Contos de viaxe (2002) e na súa segunda, As pantasmas sodes do que non hai(2008), tamén nesta Cacería a viaxe é a protagonista. Continue reading A cacería, de Amadeo Cobas

Tres paisaxes na area

paisaxe

Contemplar a silueta de area do Banco da Misela permite admirar a fermosura inestable desta forma de equilibrio hidrodinámico mariño

Pedro García Vidal. No azul das augas e no verde continental predominantes, as areas tapizan en tonalidades douradas fondos e bordos litorais das nosas rías. Esas formas amarelas proclaman a diferenza. Seguramente nesa particularidade reside o seu poder de atracción. As areas certifican a transformación da materia: de magma incandescente primixenio a sólidas formacións rochosas Continue reading Tres paisaxes na area

Preservar a toponimia

Castro Lampreeiro. Con frecuencia, o nome fálanos dun pasado, dunha historia, dunha cultura da que somos herdeiros. Un patrimonio a preservar

Castro Lampreeiro. Con frecuencia, o nome fálanos dun pasado, dunha historia, dunha cultura da que somos herdeiros. Un patrimonio a preservar

Pedro García Vidal. Empoleirada sobre o río, aparece ante a nosa mirada a figura dunha pequena aldea co seu entrabado fermosamente estendido pola cumieira dun resistente esporón granítico. O seu nome, Castro Lampreeiro, estanos a falar dunha antiga poboación prerromana que tiña nas augas próximas unha abondosa fonte de vida. Continue reading Preservar a toponimia