Arquivo da categoría: Pedro García Vidal

Muros, o pasado debuxado na paisaxe

BD21C3F3_214656
A vila ten un eixo viario central cortado por unha chea de calellas

Pedro García Vidal. No plano, Muros semella un peixe, coa cabeza formada pola antiga vila amurallada e unha estrutura ósea, singularizada nun eixo viario central, cortado por unha chea de pequenas calellas que ascenden dende o mar ata a montaña, bautizadas con nomes peculiares, que se corresponde co que sería o antigo arrabalde mariñeiro da Ribeira. Seguir lendo Muros, o pasado debuxado na paisaxe

O plano, para entender a cidade

Fotoplano correspondente á cidade de Santiago de Compostela
Fotoplano correspondente á cidade de Santiago de Compostela

Pedro García Vidal. A miña primeira visión dunha cidade é sempre a través do seu plano. Alí, sobre o papel, unha combinación de superficies libres e construídas ofrece a pegada impresa do proceso de apropiación humana dese lugar. O perdurable do plano é o que fai del un elemento imprescindible para comprender unha cidade. Seguir lendo O plano, para entender a cidade

Paisaxes urbanas como espazos de lectura da historia

paisaxes urbanas
Vista aérea da vila de Noia, unha paisaxe urbana de séculos

Pedro García Vidal. Sobre o substrato natural que lle dá forma, a cidade preséntase como a máis artificial das paisaxes: un entrabado de espazos libres e edificados resultante da interacción dos seres humanos coa natureza. A paisaxe que se nos mostra é só o resultado final dun longo proceso de transformación. Por iso, e dado que diferentes sociedades actuaron sobre o espazo, cadansúa coas súas características propias, o resultado é un lugar singular Seguir lendo Paisaxes urbanas como espazos de lectura da historia

A invención da Natureza. O novo mundo de Alexander von Humboldt (II)

la-invencion-de-la-naturalezaPedro García Vidal. O libro La invención de la Naturaleza conta a aventura do saber dunha persoa ben formada que decide ir descubrir como funciona o mundo. A  través dunha prosa limpa e coidada, Wulf, conduce o lector polos tempos convulsos polos que decorre a vida de Humbolt (1769-1859), onde el mesmo toma posicións claras: liberal progresista, aberto inimigo da escravitude e combatente de toda forma de opresión e discriminación. Coñecemos as persoas coas que se relaciona, Goethe e Schiller, especialmente, e das que Wulf expón as súas ideas más sobranceiras para mostrarnos os pensadores daquela época de cambio. Seguir lendo A invención da Natureza. O novo mundo de Alexander von Humboldt (II)