Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro

Corpos e cor, de Veiras Manteiga

corposAntonio Piñeiro. Dicía, hai xa tempo, que Veiras Manteiga é un autor paradigmático, un autor que gusta do anovar, un autor que ofrece unha sorte de eclecticismo da arte, ao tratar de xeito pictórico temas coma o teatro, a danza ou a música. Falabamos, hai poucas semanas, da sala de exposicións do Liceo de Noia coma paradigma da acción cultural na bisbarra. Seguir lendo Corpos e cor, de Veiras Manteiga

Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello

ElefantesconcapaAntonio Piñeiro. O inicio da lectura deste novo libro de Antón Riveiro Coello supuxo para min unha agradabilísima sorpresa pola presenza do espazo compostelán, máis que coma escenario, coma berce espiritual e colectivo, ou sexa, unha sorte de espazo fundador do ser que, no decurso, me trouxo esencias daquela Roma de Greenaway, no Ventre do arquitecto (…cantos máis edificios visito, cantas máis rúas paseo, máis preto creo estar dos seus segredos e maior é a sensación de habitar o seu espazo intemporal…). Tamén polo xiro co que Antón se decidiu aquí a tratar literariamente a memoria, esa viaxe que cada quen se relata a si mesmo ou a outros, e que non deixa de se revelar, na técnica de Antón, coma un dos mellores recursos para a suspensión da incredulidade. Seguir lendo Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello

Baldo Ramos, un poeta pintor

baldoAntonio Piñeiro. Signo, esencia, icona, embrión, paratextualidade, inmediatez, insinuación. Diciamos unha vez, coido que aquí mesmo, que o acto pictórico de Baldo Ramos ten o significado daquel soprido co tuto, na cripta primitiva da arte; o pigmento expelido co que o pintor (aquel xamán, gurú, mestre) descubriu o mundo en si mesmo ou se sorprendeu entendéndoo. Seguir lendo Baldo Ramos, un poeta pintor

«Daturas», de Sofía Regueira

As Letras da Arte. Abril. ImaxeAntonio Piñeiro. Dos nenúfares dicía Monet que pasaran a ser coma a obsesión cromática dos seus días. Practicamente, os últimos anos foron os dunha complicidade entre a ensinanza desa natureza cambiante e a súa propia evolución coma artista. As flores (a natureza) facilítanlle ao pintor a comprensión de sutís linguaxes, intres, cores, luces, realidades cambiantes. Sofía Regueira -coido- está niso mesmo. A flor é un estudo/estado do tempo. Seguir lendo «Daturas», de Sofía Regueira