Antonio Piñeiro. Na sala do Centro Cultural Lustres Rivas estase a presentar a nova exposición de Paco Casal, con dúas facetas ben diferenciadas. Por unha banda, un grupo de obras de medio formato, sobre lenzo, nas que desprega a súa xa coñecida mestría paisaxística Continue reading Paco Casal, no Lustres Rivas
Arquivos da categoría Antonio Piñeiro
Xerardo Crusat: Papel e coitelada
Antonio Piñeiro. Este verán, a sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas acolleu a mostra conxunta de catro dos artistas máis destacados da bisbarra: Maralla, Xerardo Crusat, Antonio Pérez e Xoán Fernández. A altísima expectación quedou de manifesto nunha sala abarrotada coma poucas veces no ámbito das nosas exposicións. Continue reading Xerardo Crusat: Papel e coitelada
Poética de confidente
Antonio Piñeiro. Veño de estar na nova exposición de Manuel Teira, no Amanitas, na Pobra do Caramiñal, o café-bar sobrepasado de si mesmo coma lugar de encontro, conversa, cultura, estética, amizade; nunca de vez expresado como quixeramos. Das veces que teño estado no taller de Teira, sempre me quedou unha idea nova da linguaxe. Manuel muda de vocabulario tanto como lle sexa preciso á diversidade. Continue reading Poética de confidente
A cor de Venus
Antonio Piñeiro. Xosé Luís Veiras Manteiga é, con certeza, un dos autores de selo, traxectoria e proposta máis claros do noso eido artístico. É tamén un dos máis intensos e concienciudos laboradores. Dígoo tanto polo seu ritmo coma pola súa erudición. Continue reading A cor de Venus