Arquivo da categoría: Antonio Piñeiro

Mecky Maceiras. Autorretrato

mecky
A obra de Mecky Maceiras forma parte da exposición Nós-Outras

Antonio Piñeiro. Hai ideas, imaxes, que xa están aí. Outra cousa é pasar por diante delas e decatarse. Aínda diría eu máis, levándolle un pouco a contraria ao circunloquio cartesiano: quizais todas as ideas sexan iso, e que o pensalas sexa só outra forma do seu fluír, unha linguaxe abstracta e aberta á concepción doutras linguaxes. O mapa dunhas pencas, por exemplo. Seguir lendo Mecky Maceiras. Autorretrato

Lesmes fotógrafos. Retrato emocional dunha vila

lesmes
«Mariño con vacas» FOTo LESMES FOTÓGRAFOS

Antonio Piñeiro. Permítanme escribir hoxe dende o afecto, porque a obra, inconmensurable, xa fala por si mesma. E permítanme facer deste afecto a expresión de todo un pobo, a nosa admiración. Porque Lesmes (Lesmes, Manolo, Andrés, Carlos?) é máis ca un fotógrafo da luz, da forma ou da imaxe. É un preservador da realidade, un retratista da emoción, un paisaxista do vivido e do sentido. Seguir lendo Lesmes fotógrafos. Retrato emocional dunha vila

Camiños na auga, de Manuel N. Singala

camiñosAntonio Piñeiro. Veño de partir esperanzadamente das selvas do Tanganica, do Lukuga, do Lualaba e do Congo. Veño de atravesar o océano no caiuco esperanzado de Singala. Veño de ler o seu libro engaiolante, testemuñal, afouto, estremecido. Camiños na auga. A viaxe, un dos grandes estímulos novelísticos, e tamén un dos xéneros máis versátiles, lexibles e empatizadores. E ten moitas formas. Non hai moito ocupabámonos, con Man, dunha das máis radicais. Manuel N. Singala cualifica este seu Camiños na auga, na presentación, coma unha narración de viaxe, pero xa é el mesmo quen tamén a pluraliza de iniciática, aventureira, extrema e, coma naqueloutra, radical. Seguir lendo Camiños na auga, de Manuel N. Singala

Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo

cabalos_e_lobos-1Antonio Piñeiro. Que agradable sensación a da lectura deste Cabalos e lobos. Que bocalada de ar literario. Das poucas veces que ten un a completa sensación de se atopar diante dunha gran historia, dun descubrimento, dun libro vivo, dunha novela logradísima, cadrada, pechada, emocionante e esteticamente brillante.  Vigo, noite calorosa do verán de 1960. Os residentes do Hotel Lisboa, espertan sobresaltados por un balbordo na rúa. É un suceso grave. A protagonista, narradora en primeira persoa, evoca quince anos despois ese acontecemento coma arranque da visión dunha historia familiar que se remonta aos tempos da Alemaña nazi e que, contra o capítulo VII, vai decantando un certo cariz de saga. Seguir lendo Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo