Pastor Rodríguez. Natural de Taragoña e técnico cultural no seu municipio natal, Fernando Lavandeira é, sobre todo, un poeta, aínda que cultive outros xéneros como a narrativa. Estudante de bacharelato en Pontevedra, fixo logo estudos de Antropoloxía social, didáctica ocupacional e educación social. Deuse a coñecer como poeta con Mar que evita o meu regreso (2000), obra á que seguiron Tempo é de que saiban (2006) e Poemas (2007), unha antoloxía trilingüe da súa poesía editada pola Depaul University de Chicago, dividida en dúas partes: Supoñamos e Como se o tempo fora, unha poesía conceptual de gran contención e pureza expresiva. Seguir lendo Fernando R. Lavandeira, poeta, tradutor e narrador
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Xosé Duncan, fantasía e crítica social
Pastor Rodríguez. Nacido en Chorén, Rianxo, en 1970, Xosé Duncan é a sinatura literaria de Xosé Ramón Suárez Ordóñez. Aos catro anos vai coa familia para A Coruña, pero segue disfrutando da terra natal nos veráns. Afeccionado á banda deseñada, á poesía e á música, este informático acabará por se converter no representante da literatura fantástica galega, iso si, sen que esa fantasía ignore a crítica social porque toda escrita fala sempre do presente, aínda que o faga a nivel simbólico. De exemplo desta mestizaxe literaria pode servir a súa última novela, Negruña (2016), que ilustrou Segismundo Rey, sátira da cidade d’A Coruña, resultado no seu título de unir o nome dun alcalde do partido popular ao da cidade gobernada. Seguir lendo Xosé Duncan, fantasía e crítica social
Manuel Mariño del Río, cronista de Porto do Son
Pastor Rodríguez. Pouco de Porto do Son lle ficou alleo a Manuel Mariño del Río, nado nesa vila en 1955. Así, sobre a cultura marítima: A industria derivada da pesca no concello de Porto do Son (1996), sobre os asentamentos conserveiros no municipio do s. XVIII ata comezos do XX; A carpintería de ribeira en Porto do Son (1994), na que a través do traballo cotián dun carpinteiro de ribeira explica a construción dos barcos de pesca, a ferramenta dun estaleiro e a fasquía dos barcos; complementa este eido con artigos como “Constructores de barcos desde hace cien años” (1991) Seguir lendo Manuel Mariño del Río, cronista de Porto do Son
Gonzalo Hermo, unha poética anovadora
Pastor Rodríguez. Nacido en Rianxo en 1987, licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola universidade de Santiago de Compostela, en 2011 publicou Crac, que amosaba unha poética anovadora e comprometida e que gañara o Premio Xuventude Crea, da Xunta de Galicia. En 2014 aparece o seu segundo volume poético, Celebración, co que gañou o Premio da Crítica e o Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández. Neste 2017 aparece a tradución do seu segundo volume na editorial madrileña La Bella Varsovia, da man da ourensá Miriam Reyes. Membro fundador da editorial Chan de Pólvora, Lázaro Louzao trasladou a súa poesía ao formato audiovisual. Seguir lendo Gonzalo Hermo, unha poética anovadora