Gonzalo Hermo, unha poética anovadora

O Escritor. Celebración_Gonzalo_HermoPastor Rodríguez. Nacido en Rianxo en 1987, licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola universidade de Santiago de Compostela, en 2011 publicou Crac, que amosaba unha poética anovadora e comprometida e que gañara o Premio Xuventude Crea, da Xunta de Galicia. En 2014 aparece o seu segundo volume poético, Celebración, co que gañou o Premio da Crítica e o Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández. Neste 2017 aparece a tradución do seu segundo volume na editorial madrileña La Bella Varsovia, da man da ourensá Miriam Reyes. Membro fundador da editorial Chan de Pólvora, Lázaro Louzao trasladou a súa poesía ao formato audiovisual. Colaborador de publicacións como Dorna, Revista das Letras, Protexta ou Tempos Novos, mantén na rede o blog “Tomando notas nunha escola para resentid@s”, mentres imparte docencia de lingua e literatura galegas na USC. As editoras de Apiario, que xa publicaran o seu primeiro volume, incluírono na antoloxía No seu despregar (2016) con outros e outras poetas, entre os que están Ismael Ramos (1994), moi unido a Noia, e a rianxeira Noelia Gómez (1995), colaboradora tamén de A Voz de Barbantia. Un poeta novo que xa no segundo libro confirmou a calidade da súa poética.

Un comentario en “Gonzalo Hermo, unha poética anovadora

  1. ¡ Hola, Pastor ! pero, ¿ qué tendrá Rianxo para que de su suelo salgan tan afamados personajes ? ¡ Pues procuraremos leer también a Gonzalo Hermo !
    Muchas gracias por la sugerencia y besiños palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *