A cesárea dunha nova humanidade? (IV)

2Ignacio Castro Rey. O colmo dos parado-xos é sospeitar que, baixo esta adulación constante desta sociedade cara á xuventude, agóchase un novo tipo da maltrato masivo. O dos mimos, por exemplo? É posible que os xoves xamais teñan sido máis escravos. Ninguén os deixa en paz. Nunca estiveron máis presionados, máis vixiados, interferidos e invadidos. A sobreprotección e as mil facili-dades que se lles serven acotío, aparente-mente gratis, é un regalo envelenado para desarmalos e convertelos en dóciles camarei-ros do “todo a 100” que vén, ese xigantesco lowcost que os converterá en baratos empre-gados riseiros.

Mozo ou maior, para quen queira sobrevivir a esta radiante ditadura dispersa, sería urxente cambiar de modelo. Sería necesario divorciarse das mascotas que tanto nos emboban e volver recuperar, quizais, a figura da serpe. Seguíndoas, algún día haberá que ser capaces de volver ser invisibles, desaparecendo e soportando a penumbra dun subsolo. Ao primeiro estaremos un pouco sós, de acordo, pero axiña poderemos conspirar contra da estupidez masiva que nos protexe, coma un útero tóxico, e buscas amizades reais, novos afectos e lugares de encontro.

Ademais de poder ser lenta agora e enseguida rápida, nun santiamén, a serpe encarna un imperativo moral urxente. Soamente quen atope o demo da súa alma, e poida soportar ese veleno dentro, será capaz do heroísmo do afecto. E un atletismo afectivo é cada día máis urxente, só para sobrevivir. Cando todo o mundo é neutral e, por temor a unha omnipresente normativa, os malos nunca dan a cara, resulta moi útil e divertido provocar “accidentes” na hipocrisía social para volver saber quen é quen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *