A cesárea dunha nova humanidade? (III)

58d243b2c261aIgnacio Castro Rey. Toda esta obriga de ter éxito, de ser popular, divertido, é pois unha fonte de novas formas de infelicidade, de maltrato e ninguneo. Para empezar, o espectáculo continuo que nos invade (con tarifa plana: igual que os ventres, as pantallas e os encefalogramas) conseguiu un secuestro sen precedentes da atención. Nun horizonte ocupado pola moda (mesmo a moda de non seguir ningunha) é moi fácil ser invisible. E iso hoxe case ninguén o soporta: de aí a obriga estresante de ser sempre guay. Motivo a súa vez de novos temores, fobias e ataques de pánico, pois no fondo, pechados na nosa burbulla conectada, sospeitamos que non entendemos nin a metade do que nos rodea e que cerca  pode estar calquera monstro inimaxinable.

Pois, en efecto, estamos falando da xuventude coma desexable símbolo vangardista dunha sociedade profundamente senil. Cando a descendencia cae en picado, os adolescentes eríxense en elite. Anciana-SmartphonePero calquera tipo de manipulación (política, terrorista, publicitaria ou informativa) terao moi fácil nun mundo onde ninguén, por falta de xuventude real no sangue, é capaz de estar a soas con nada. O problema é que despois, cando ocorra algo difícil e esteamos de pronto sós ante iso, careceremos de calquera tecnoloxía corporal e mental para afrontalo.

Todo debe ser unha festa, mesmo despois de que cada un dos nosos Titanic pete contra o seu iceberg. Así pois, cando as luces se apaguen e ocorra o accidente, tenderá a ser fatal, pois faltaranos o menor instinto para o perigo físico e creremos (como ocorreu no Madrid Arena, na sala Bataclán ou na actuación musical de Las Vegas) que a traxedia é produto doutros efectos especiais do eterno espectáculo no que flotamos.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Ignacio Castro Rey. Garda a ligazón permanente.

Unha resposta a A cesárea dunha nova humanidade? (III)

  1. Magdalena di:

    Apreciado Ignacio, cuándo se dicen las verdades como el barquero de Talaván, siempre se genera controversia, y yo pienso que eso es bueno. Así, uno, se para a leer y aunque no esté de acuerdo con todo el contenido, también advierte la relevancia del artículo, que dicho sea de paso, a mí me parece muy bueno. Por tanto con cola o sin rabo, continuaré esperando tus artículos que como todos los demás leeré con mucho agrado.
    La obligación estresante de ser siempre guay, yo también creo que es el producto de un exceso de facilidades. El iceberg espera a que el barco se acerque y cuando se esté hundiendo, la orquesta continuará tocando mientras se masca la tragedia.
    Un besiño palmeirán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>