A cesárea dunha nova humanidade? (II)

Redes-socialesIgnacio Castro Rey. Non é sequera medo. Sinxelamente, o que é lento, o sombrío e difícil resulta aburrido para eles, anticuado e inútil. Por iso, cando non teñen máis remedio que asistir a algo diso, sexa en clase ou na casa, éntralles soño. De aí os bocexos e as caras abstractas das “pallas mentais”. Como non poden consultar o móbil e as bobadas de quenda, cambian mentalmente de canle, cara a algún bucle virtual.

Son fieis súbditos da nova relixión triunfante: a circulación perpetua, entre o hahaha enlatado nas redes e os grupos de Whatsapp. Grupos, por certo,  onde os pequenos xogan a ser maiores e os vellos xogan a ser nenos. Nesta gran clase media onde todos somos igual de idiotas, a relixión triunfante (faltaría máis) é unisex, pois xa non hai homes nin mulleres. Nin mozos nin vellos, nin bos nin malos. Todo o mundo é igualmente “diferente”, aínda que algúns teñan máis seguidores que outros.

Polo momento, esta banalidade da igualación paritaria (onde o éxito do inglés, a lingua da normalización mundial, é todo un síntoma) ten acadado novas formas de odio cara ao raro e non homologado. Á parte dun novo enfrontamento entre sexos e xeracións, pois todos (pais e fillos, mulleres e homes) corremos en lamismapista do éxito espectacular, do consensuado, visible e masivo.

Maestraofuscada_aÁs veces parece que os mozos teñen vendido a súa alma ao novo deus do postureo, sen gardar nada dentro, ningunha capacidade para o segredo. Case todo neles funciona en bucle, en rede. De aí a moda do poliamor e a posverdade, así coma as roupas furadas e os cortes de pelo híbridos.

É  posible, non obstante, que o vello Deus, que ao fin e ao cabo atendía á sombra de cada criatura, fose menos cruel que este da diversión obrigada. Como recorda Nietzsche, cinco non rin sen que un sexto perda un ollo. Por iso é perfectamente posible que estes encantadores xoves, tan ecoloxistas e feministas, acirren a pelexa doutros dous que se están cribando a golpes. Ou a unha moza que está ao borde do suicidio, a punto de saltar ao baleiro. Tamén pode ser parte da festa torturar unha profesora na clase, até as bágoas. E que a horda acose unha señora no metro, ao crer que están gravando a súa estúpida festa. A diversión masiva é así, necesita un animal sacrificial. Igual que nos touros, pero sen límites rituais.

Un comentario en “A cesárea dunha nova humanidade? (II)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *