A cesárea dunha nova humanidade? (I)

Surf-Master-Image-OH-568x319Ignacio Castro Rey. Xeneralizar é abusi-vo e perigoso. Mesmo cruel, esaxerado, inxusto. Pero sen xeneralizar non se pode pensar nin discutir nada, xa que entón quedamos só en casos particulares, onde cada un é fillo de súa nai e pouco hai que dicir. Así que vou intentar xeneralizar con coidado, captando certa medida alxebraica xuvenil que me preocupa e vexo bastante encarnada nunha marea crecente.

Coma é sabido, de vez en cando alguén observa detida e concienciudamente. Non ten mérito nin é ningunha obriga. Ao contrario, o cómodo para un cidadán contemporáneo é fixarse o menos posible. Se se produce, a atención aos detalles (algúns temos só relacións persoais) é sinxelamente defecto do animal, como dirían na miña vila. O caso é que, sobre todo ultimamente, tense sentido confirmado un síndrome preocupante, triunfal precisamente nos ambientes punteiros.

Algunha vez xa se ten dito. Aparentemente, cada un no seu estilo, a meirande parte dos mozos/as actuais carecen da máis mínima tecnoloxía corporal e mental para pararse e subliñar os detalles, entrando na sombra das cousas. Falo de certa dificultade para escoitar con atención unha frase ou unha idea, aguantando esa escena ou esas poucas palabras a soas e extraendo conclusión propia. Pode pasar na clase, na casa ou con calquera película. É a dificultade para descender ao sucio mundo real, sen teclado nin botón de pausa, que con frecuencia carece de imaxe radiante nin ten fácil cobertura.

foto_2El colmo de la acción es la escucha, escribiu Pablo D’Ors. Pero o novo é hoxe algo moi distinto: surfear sen pausa, buscando unha ondulación compartida. Gústalles facer ondas, flotar, vibrar en grupo co ruído ambiente. Como remedio, para compensar, a véspera de calquera proba analóxica e real, sexa exame ou cita amorosa, preguntaranlle a algún amigo en que consiste e como se faría un resumo. Naturalmente, a receita non funcionará: aínda que ninguén busque vinganza, a aspereza real encárgase do fracaso.

Son boa xente, sen dúbida. Aínda que capaces de ferir en grupo, botaríase de menos entre eles a auténticos “malvados”. Iso non quita, sen embargo, para que xuntos poidan ser temibles e practicantes dunha crueldade infinita. Agás honrosas excepcións, padecen unha preocupante impotencia para o clandestino e segredo, para todo aquilo que non teña aplausos fáciles nin marque unha tendencia viral. É coma se viviran perpetuamente en pantalla e lles dera medo o que non é transparente, sinxelo, espectacular ou conectado.

3 comentarios en “A cesárea dunha nova humanidade? (I)

  1. Sin duda que son buena gente, pero apáticos, se aburren. Se instalan en esa dulce monotonía en la que piensan que el aburrimiento es una forma de descanso, y sólo los aburridos se aburren.
    Mientras espero el desenlace, quiero decirte, Ignacio, que además del artículo, el título me ha parecido muy interesante y original.
    Un abrazo palmeirán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *