Pastor Rodríguez. Se Rosalía, Pimentel e o primeiro Novoneyra foron os poetas favoritos de Piñeiro, outros dous poetas da Xeración das Festas Minervais gozaron do aprezo do lugués: Salvador García-Bodaño e Xosé Luís Franco Grande. Do primeiro recensionou Ao pé de cada hora en Grial, no ano 1968. Nel gabou a sobriedade, a manifestación do vivir profundo, con dous eixos na súa poética: o fondo elexíaco e o pulo da esperanza, é dicir, un polo negativo cara á Morte e un polo creador cara ao Amor. Un poeta que, para Piñeiro, non manexa ideas abstractas, senón vibracións das vivencias no ser: poesía lírica, sutil, no ronsel de Pimentel. Seguir lendo Ramón Piñeiro e a poesía galega. No seu centenario (II)
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Ramón Piñeiro e a poesía galega. No seu centenario (I)
Pastor Rodríguez. Celébrase este ano o centenario do nacemento de Ramón Piñeiro (1915-1990), figura fundamental, e moi polémica, da cultura e da historia galega da segunda metade do século XX. Non moi prolífico, sen embargo escribiu moito máis, e de máis temas, do que se cre, pois só se leva compilada menos da metade da súa obra, esparexida por revistas, xornais e libros colectivos. Certo que A linguaxe e as linguas (1967), Olladas no futuro (1974), Filosofía da saudade (1984), e O espertar da conciencia galega (2009, ed. de H. Monteagudo) son obras que permiten comprender o esencial do seu pensamento en temas como a lingua galega, a saudade como esencia propia dun sentimento universal, Rosalía como figura central da nosa cultura e outros temas. Seguir lendo Ramón Piñeiro e a poesía galega. No seu centenario (I)
Un noiés en Cuba
Pastor Rodríguez. Eduardo Núñez Martínez, D’Arxellas, naceu en Noia en 1888, fillo do tamén escritor Eduardo Núñez Sarmiento (1865-1906), quen fora para Cuba en 1894, tras exercer o maxisterio na vila noiesa. O seu fillo D’Arxellas chegou á illa cubana en 1906, onde se estableceu no rueiro El Cerro, da Habana, e viviu ata a súa morte o 15 de setembro de 1971. Exerceu como carpinteiro, pero tamén como xornalista, colaborando en El Eco de Galicia, Diario de la Marina, La Región Gallega ou Vivero en Cuba. Mais a súa vocación foi a poesía, que cultivou en castelán e galego. Xa en 1924 foi incluído nunha importante antoloxía cubana, Los argonautas. En 1926 apareceu o seu primeiro volume poético, En mis tedios del exilio, e xa en 1950 Himnos de bien. Seguir lendo Un noiés en Cuba
Xornalismo e literatura
Pastor Rodríguez. Nacido en Boiro en 1936, Luis Blanco Vila é licenciado en Ciencias da Información e doutor en Filoloxía Románica. Literatura e xornalismo definen a súa traxectoria intelectual e vocacional. Comentarista político do xornal madrileño Ya, foino tamén de El Ideal Gallego, das revistas Temas e Iglesia en Madrid. Catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade CEU San Pablo, onde impartiu aulas durante 34 anos. Froito deste labor filolóxico son algunhas das súas obras fundamentais, que terán o seu cumio en Literatura y existencia. Seguir lendo Xornalismo e literatura