Pastor Rodríguez. Nacido en 1959 en Ribeira, Xabier López Marqués é un dos poetas importantes da nosa bisbarra. Comezou a súa carreira literaria en galego con Polos mares das améndoas (2000) para continuar cunha poesía máis depurada en cada título, menos directa, de gran preocupación pola palabra, en obras como Das paisaxes esquecidas, Tránsitos (2005), A lúa nun ichó (2007), Caderno de Ponza (2010) ou Chafariz (2013). Profesor de ensino medio, licenciado en Filoloxía Hispánica con La poesía última de Borges, e doutorouse con La poesía estridentista mexicana, en 1995, na que estuda o movemento de vangarda fundado por Maples Arce e presente nas letras mexicanas entre 1921 e 1927. Seguir lendo Amor pola palabra
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Esther Carrodeguas, teatro e poesía
Pastor Rodríguez. Esta rianxeira nada en 1979 é un “animal” teatral, pero tamén poeta. Licenciada en Xornalismo, técnica superior en imaxe, con estudos de teatro, é a directora do grupo teatral Airiños, un grupo con máis de oitenta anos de actividade, pero é asemade actriz, fotógrafa, técnica audiovisual e gañadora do Premio á mellor dirección da Mostra de Teatro Universitario. Sen dúbida, unha das figuras emerxentes de máis forza no Barbanza. Carrodeguas non só escribe, dirixe ou interpreta teatro, sempre co galego como material de traballo, senón que tamén é activista cultural, promotora do concurso Slam de Poesía e poeta, autora de volumes como Collage (Barbantesa, 2011), un poemario rupturista, e Supermarket. Seguir lendo Esther Carrodeguas, teatro e poesía
Lola Arxóns: Profesora e activista cultural
Pastor Rodríguez. Se o ensino da lingua e a literatura galegas foi a profesión e a vocación de Lola Arxóns, esta profesora noiesa foi e é moitas outras cousas: actriz entre 1974 e 1981 no famoso grupo Candea, co que representou obras de Pepe Agrelo como Noite de lobos en 1975, Metá e metá en 1976 e O mestre en 1978; impulsora dunha iniciativa aínda felizmente viva, a revista Casa da Gramática, na que traballou durante dez anos e coa que impulsou a creación do Premio de Relatos de Aventura Avilés de Taramancos, ou colaboradora ben activa de Barbantia, non impediron todos estes labores, sempre en defensa da cultura e da lingua galegas, que desenvolvese tamén o seu traballo na escrita, dende Antón Avilés de Taramancos (1935-1992). Seguir lendo Lola Arxóns: Profesora e activista cultural
Fernando Sande y Lago, un albéitar do século XVIII
Pastor Rodríguez. Sabemos que era natural de Noia porque así o declara na portada da segunda edición da súa obra Compendio de Albeytería, en 1729. Pero poucos máis datos seguros temos da súa vida. Cremos que recibiu unha sólida formación universitaria en Compostela e sabemos que en 1690 estivo presente en Valladolid nas festas celebradas por mor da chegada de María Ana de Neoburgo, a esposa de Carlos II de Austria. A primeira edición do seu grande tratado apareceu en 1717 e a obra é un dos grandes estudos veterinarios do seu século. Pero é algo máis ca iso, pois o libro V da obra é un tratado de mineraloxía, que inclúe, ademais, un estudo das augas minerais que é, case con seguridade, o primeiro feito en España, ou iso asegura Llorente no seu Compendio de bibliografía de la veterinaria española, opinión que repiten Manuel Murguía e Antonio Couceiro Freijomil. Seguir lendo Fernando Sande y Lago, un albéitar do século XVIII