Pastor Rodríguez. Nacido en Noia en 1929, doutor en Filosofía e Letras, a súa tese de doutoramento foi publicada en 1962 co título Contribución al estudio del Gótico en Galicia, centrada na diocese de Compostela, que se converteu na obra de referencia para o estudo dese período artístico no noso país e alén de Galicia. Catedrático de Historia da Arte na Universidade Complutense, Jesús María Caamaño Martínez colaborou en importantes revistas como Archivo de Arte Español con traballos como Seis tímpanos compostelanos de la Adoración de los Reyes (1958); Cuadernos de Estudios Gallegos co ensaio La portada de San Jerónimo en Compostela (1957); Seguir lendo Un noiés estudoso da arte
Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez
Un noiés en América
Pastor Rodríguez. Emigrante en 1875, Juan González Montenegro nacera en Noia en 1861 e estableceuse en Cuba, dedicando os seus esforzos ao xornalismo, colaborando en La Voz de Cuba, La Patria e El Asimilista. Fundou os semanarios El Duende e El Noticiero Ilustrado, así como os xornais El Brujo, El Combate de Camajuaní, La Tribuna de Manzanillo, La Opinión Pública de Santiago de Cuba e La Voz de Galicia, en 1892, no que fixo famosos os seus pseudónimos El Brujo e Montenegro, ás veces en duras polémicas co xornalista galego Waldo Álvarez Insúa. Home moi combativo, o seu labor xornalístico estivo moi condicionado pola guerra de Cuba pola independencia. Seguir lendo Un noiés en América
Unha filóloga da Pobra
Pastor Rodríguez. Nacida na década dos sesenta, doutora pola universidade de Compostela coa tese Contribución ó estudio da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1994), Ana Isabel Boullón Agrelo é ben coñecida por un público amplo por ser unha das autoras do Diccionario dos nomes galegos (Vigo, Ir Indo, 1992), pero destaca polos seus estudos lingüísticos, tendo estudado a lingua de Celso Emilio Ferreiro, as características do léxico administrativo, a problemática dos dicionarios galegos para nenos, o léxico de Lamas Carvajal ou o léxico xurídico medieval. Coautora do Diccionario escolar galego (1989) e dun Vocabulario comercial (1988), é académica correspondente da Real Academia Galega e profesora da universidade compostelá. Seguir lendo Unha filóloga da Pobra
Un economista de Noia
Pastor Rodríguez. Se hai un nome destacado nas Ciencias Económicas no Barbanza, este é o noiés Xocas Fernández Leiceaga, nado en 1961 e que foi concelleiro en Noia e Santiago de Compostela, ademais de deputado no Parlamento Galego. Doutor en 1990, é titular de Economía Aplicada na Universidade de Compostela dende 1992, institución da que foi vicerreitor. Recibiu o Premio da Crítica de Galicia en Investigación no ano 1994. Para entender a problemática galega no terreo forestal é fundamental o seu volume Economía (política) do monte galego, aparecido en 1990. En 1993 publicou outra obra importante: Capital estranxeiro e industrialización en Galicia. Colaborador de revistas como Grial, Agália, A Nosa Terra e Tempos Novos. Seguir lendo Un economista de Noia