Un noiés estudoso da arte

un noiésPastor Rodríguez. Nacido en Noia en 1929, doutor en Filosofía e Letras, a súa tese de doutoramento foi publicada en 1962 co título Contribución al estudio del Gótico en Galicia, centrada na diocese de Compostela, que se converteu na obra de referencia para o estudo dese período artístico no noso país e alén de Galicia. Catedrático de Historia da Arte na Universidade Complutense, Jesús María Caamaño Martínez colaborou en importantes revistas como Archivo de Arte Español con traballos como Seis tímpanos compostelanos de la Adoración de los Reyes (1958); Cuadernos de Estudios Gallegos co ensaio La portada de San Jerónimo en Compostela (1957); Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, con Analogías artísticas a propósito de Gregorio Fernández (1975); e o estudo El gótico, no volume colectivo La catedral de Santiago de Compostela (1977). Pero Caamaño Martínez foi tamén poeta na súa mocidade, colaborando con versos en La Noche e Aturuxo. É autor do volume poético Horizontes, que tivo boa acollida crítica en Galicia, e un dos poemas do libro foi seleccionado por Benito Varela Jácome para a antoloxía Poetas Gallegos de 1953. Unha poesía de gran madurez para un poeta mozo, con versos coma estes: «La muerte, más allá, se le ofrecía / -solo y quieto- / como algo más allá por que extenderse?», aparecidos en 1956.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *