Arquivo da categoría: Pastor Rodríguez

Analista da agricultura e da pesca da bisbarra

escritorPastor Rodríguez. Nado o 24 de outubro de 1954 en Ribeira, José Antonio Pérez Sánchez estudou primeiro Maxisterio e logo cursou a licenciatura en Xeografía e Historia, pasando a traballar na Consellería de Pesca. Produto da súa tese de licenciatura foi o volume Las actividades agropecuarias y pesqueras de la margen derecha de la ría de Arosa Seguir lendo Analista da agricultura e da pesca da bisbarra

Andrés Martínez García, unha vida no teatro

O Escritor. AMG_Sempre_en_RianxoPastor Rodríguez. Rianxo é vila de teatro e, entre os que entregaron a súa vida á arte de Talía, non debe esquecerse a figura de Andrés Martínez García, “Pancho”, nacido nesa vila en 1957, e que faleceu en 2010. Actor, director teatral, dramaturgo, vencellado ao grupo Xeito, dirixiu pezas como Sinfarainín contra don Perfeuto de Bernardino Graña en 1980, ou A fiestra valdeira de Rafael Dieste en 1982, e outras moitas. Como actor representou autores como Eduardo Blanco Amor, Manuel Varela Buxán, Rafael Dieste ou Bernardiño Graña. En 1978 levou á escena unha obra da súa autoría: As Américas dun labrego. Xa no ano 2008 publicou en Edicións d’O Castro (Sada) o libro Sempre en Rianxo. O soño do barbeiro. Seguir lendo Andrés Martínez García, unha vida no teatro

Daniel López Rodríguez, narrador e xornalista

O Escritor. El_camino_de_la_dicha. jpgPastor Rodríguez. Figura moi esquecida entre nós é a do xornalista e narrador Daniel López Rodríguez, nado en Noia o 20 de outubro de 1884. Especialista en facenda, chegou a ser Director Xeral do Timbre. Colaborador da prensa madrileña, empregou o pseudónimo Fantasio, pero foi tamén novelista co pseudónimo López Orense, co que publicou as novelas El placer de amar (Madrid, 1909) e El camino de la dicha, editada por Renacimiento en Madrid no ano 1912. Da primeira destas novelas fixo unha adaptación para o teatro, en colaboración con Linares Becerra, que se estrenou co título El buen amor. Sabemos tamén que á súa morte deixou algunhas obras inéditas, como a novela Vida de Juan Roberto. Seguir lendo Daniel López Rodríguez, narrador e xornalista

José Rodríguez del Casal, un deputado nas Cortes de 1820

O Escritor. Diario actas Cortes 1821. ImaxePastor Rodríguez. Non coñecemos a data nin o lugar de nacemento do sacerdote José Rodríguez del Casal, pero si que foi párroco de Santa María de Lampón (Escarabote, Boiro) e que en 1811 publicou un folleto, impreso en Santiago de Compostela por Manuel Antonio Rey, que leva por título Sermón que para alentar el patriotismo e imprimir valor a nuestras tropas y alarmas dijo en la Iglesia Parroquial del Deán, D. José Rodríguez del Casal, con motivo de la bendición de la bandera de la alarma de aquel partido. Seguir lendo José Rodríguez del Casal, un deputado nas Cortes de 1820