María Xesús Blanco. É unha ledicia ler na nosa lingua, na tradución de Salomé Rodríguez Vázquez, A balada do café triste (Editorial Rinoceronte, 2014) da escritora estadounidense Carson McCullers (1917-1967). Unha novela breve, conmovedora, que artella o seu argumento nun escenario rural do sur dos Estados Unidos, na primeira metade do século XX, cando só había tempo para as quendas interminables nas fábricas de algodón e as duras tarefas do campo. A escritora relata, coa voz dun narrador na distancia, a transformación dunha casa illada e ruinosa, na que vive a súa dona, a señorita Amelia, cando chega á vila un personaxe eivado e misterioso ao que todos chaman o curmán Lymon.
Arquivo da categoría: María Xesús Blanco
Entre amigos, de Amos Oz
María Xesús Blanco. É un pracer ler a Amos Oz (Xerusalén, 1939), e a súa obra Entre amigos (Editorial Siruela, 2012) é un fermoso agasallo para todos os que gozamos da literatura. Son oito relatos curtos onde o escritor volve ao espazo e ao tempo onde xurdiu a súa obra. Oito historias conectadas unhas a outras por un kibutz imaxinario onde se desenvolve a vida duns personaxes que comparten vivencias, sentimentos e penalidades cotiás. O lector mergúllase na realidade dunha comunidade rexida por estritas normas baseadas na combinación de ideais tomados do Talmud e de textos marxistas que anhelaban o asentamento dunha sociedade igualitaria e autosuficiente na terra prometida. Seguir lendo Entre amigos, de Amos Oz