María Xesús Blanco. Entrei no primeiro sitio que vin aberto. Malhumorada. Levaba roupa pouco axeitada para o ceo cincento e mudábel deses días. Ademais, despois doutra noite de insomnio, quedara durmida á mañanciña. E tiven que saír do hotel á lume de carozo. Non quería chegar tarde á cita co resto do grupo para a visita á Universidade da cidade. E de repente pilloume a tromba de auga na rúa Bracka. Era xullo pero o tempo estaba, a cada intre, máis desapracíbel. No café había pouca xente e sentín de contado ese acollemento confortábel, e ao mesmo tempo estraño, que ofrecen algúns espazos. Seguir lendo Unha cervexa na rúa Bracka
Arquivo da categoría: María Xesús Blanco
Paisaxe marítima
María Xesús Blanco. Un vaso de iogur, unha botella pequena de auga e unha bolsa baleira de pipas. Plásticos abandonados na area. A luz de maio reflíctese neles coma se fosen espellos opacos. O paseo resultaría máis agradable se non fose este nordés que arrefría as orellas. O iris quere gozar do contorno. Mais é tan inevitábel como imposíbel seguir coa mirada o periplo tolo do lixo esparexido. Seguir lendo Paisaxe marítima
As Ramonas, de Ana Cabaleiro
María Xesús Blanco. É un pracer mergullarse na lectura de As Ramonas (Editorial Galaxia, 2018). Novela galardoada hai uns meses co Premio García Barros na súa trixésima edición, é unha obra narrativa da xornalista e escritora galega Ana Cabaleiro. A autora, que tivo a súa estrea literaria co libro de relatos Sapos e sereas, artella un argumento contemporáneo nun escenario rural nas terras do Deza. A protagonista é Mona Otero, unha muller loitadora que se atopa nun momento laboral e persoal da súa vida moi complicado. Fotógrafa de profesión, que deveza por reorientar a súa carreira artística, é sancionada coa perda do carné de conducir. Deste xeito, vese abocada a depender doutras persoas para trasladarse dende a súa aldea ata os lugares onde precisa desenvolver a súa vida. Seguir lendo As Ramonas, de Ana Cabaleiro
Declaración Universal
María Xesús Blanco. A declaración de Xenebra, asinada en 1923 por homes e mulleres de todas as nacións, recoñecía que os nenos e nenas son o mellor que a humanidade ten. Esta sería a semente da Declaración Universal dos Dereitos do Neno, aprobada o vinte de novembro de 1959. Seguir lendo Declaración Universal