Xulio Gutiérrez. Todos nos preguntamos como é posible que algúns animais sexan quen de orientarse para faceren longas viaxes de miles de quilómetros sen extraviarse. A resposta é simple e sorprendente: ven o norte. Si, cos ollos. E tamén ven o sur. Seguir lendo Buscando o norte
Arquivo da categoría: Ciencia
As illas Casitérides
Xulio Gutiérrez Roger. Para os fenicios a situación exacta das Illas Casitérides era un segredo de enorme valor militar e político, que trataron de manter oculto por todos os medios. A tal efecto fixeron circular o conto de que estaban alén de mares embravecidos poboados de monstros terroríficos. É ben certo que o Atlántico non é un apracible lago suízo, pero non é menos certo que o paso de embarcacións polo Finis Terrae é continuo desde os albores da navegación. Seguir lendo As illas Casitérides
Camiños de auga
Jose Lires. O día amencía fresco e húmido prometendo calor abafante. Un abrente, no que o resío se enfrontaba á evaporación baixo os ameazantes raios de sol, retrotraía-me a aquelas mañanciñas de veráns xa vividos. Eses días da infancia onde, co curso rematado e un longo tempo por gastar, as xornadas antollábanse eternas Seguir lendo Camiños de auga
A semente mais erótica

Alberte Pagán. Nas ilhas de Maldiva nasce a planta/No profundo das águas, soberana,/Cujo pomo contra o veneno urgente/É tido por antídoto excelente. Assi descreve Luís de Camões, nos Lusíadas (canto X, estrofe 136), esse estranho e cotizado fruto (“pomo”) que hoje chamamos coco-do-mar ou coco duplo e que crece unicamente em Praslin e Curieuse, duas ilhas do arquipélago das Seychelles. Mas quando Camões fazia a sua descriçom do mundo conhecido as Seychelles, desabitadas, estavam ainda por descobrir. Seguir lendo A semente mais erótica