Arquivo da categoría: Ciencia

A esfinxe da vide

verme
A larva acada o tamaño dun cacahuete. Foto: Xoán Pastor Rodríguez

Xulio Gutiérrez. Na natureza, como noutros ámbitos da vida, atopamos individuos que agochan a súa verdadeira condición para aparentar seren o que non son. Para algúns animais o engano é unha cuestión de vida ou morte.A esfinxe da vide (Hippotion celerio) é unha pequena couza crepuscular que se alimenta de plantas como a que lle dá nome. Seguir lendo A esfinxe da vide

Preservar a toponimia

Castro Lampreeiro. Con frecuencia, o nome fálanos dun pasado, dunha historia, dunha cultura da que somos herdeiros. Un patrimonio a preservar
Castro Lampreeiro. Con frecuencia, o nome fálanos dun pasado, dunha historia, dunha cultura da que somos herdeiros. Un patrimonio a preservar

Pedro García Vidal. Empoleirada sobre o río, aparece ante a nosa mirada a figura dunha pequena aldea co seu entrabado fermosamente estendido pola cumieira dun resistente esporón granítico. O seu nome, Castro Lampreeiro, estanos a falar dunha antiga poboación prerromana que tiña nas augas próximas unha abondosa fonte de vida. Seguir lendo Preservar a toponimia

Palla mental ou pensamento profundo?

Human cloningX. Ricardo Losada. Teño contado que, cando paseo pola praia ou polo monte, preocupado, evádome cun xogo que é habitual nos adultos que conservamos moi vivo o neno que fomos. Imaxino situacións futuras aínda non vividas polo ser humano, e intento saber como reaccionaría. O outro día, sen ir máis lonxe, pensei na clonación. Pero non para saber se estaría a favor ou en contra, senón para saber se estaría disposto a clonarme ou, cando menos, se habería algunha circunstancia persoal na que o faría. Que quede claro. Non pensaba na clonación de tecidos nin na reproxenética por problemas de fertilidade. Seguir lendo Palla mental ou pensamento profundo?