Arquivo da categoría: Ciencia

Buligar nas dunas

píllara1Xosé Manuel Lobato. Cando se habita nun ecosistema do que a dependencia é case total, sobrevivir nestas zonas tan especiais e sensibles condiciona excesivamente a calquera ser vivo. Porén, os seres que por necesidade teñen un apego total a estas paraxes, auténticas obras atípicas da natureza, gozan deses recursos escasos e tamén colaboran na súa conservación. A mobilidade areosa das dunas de Corrubedo é o asentamento ideal da píllara das dunas. Seguir lendo Buligar nas dunas

Na procura do invisible (III)

A praia das Catedrais ateigada de xente corresponde a unha «paisaxe espectáculo»
A praia das Catedrais ateigada de xente corresponde a unha «paisaxe espectáculo»

Pedro García Vidal. Cada persoa percibe a paisaxe dun xeito diferente en función das súas experiencias, coñecementos ou intereses. A paisaxe que o individuo ve é polo tanto unha paisaxe particular. Só vemos as paisaxes que «desexamos» ver, é dicir, aquelas que responden a unha determinada apropiación da paisaxe xeográfica, as paisaxes de referencia transmitidas de xeración en xeración a través da pintura, fotografía, os libros de texto, ou as guías turísticas e medios de comunicación. Seguir lendo Na procura do invisible (III)

Noia e o dioivo universal. Unha resposta ao mito dende a Xeoloxía

"A nao do ar", de Alfonso Costa, escultura en homenaxe a Antón Avilés de Taramancos
“A nao do ar”, de Alfonso Costa, escultura en homenaxe a Antón Avilés de Taramancos

Jose Lires. Vaia por diante que son un deses escépticos con moi mal prognóstico de curación. As máis das veces, a curiosidade guíame por camiños ensarillados onde conflúen escepticismo e dogmatismo. Este é un deles.

Non hai moito, aventureime a ler El ángel perdido, de Javier Sierra, atraído porque a trama se ambientaba na contorna da miña vila, Noia, e en certa maneira revivía antigas lendas locais sobre a arca de Noé. Seguir lendo Noia e o dioivo universal. Unha resposta ao mito dende a Xeoloxía

Ecos dun distante pasado

fieitosXulio Gutiérrez. Os fieitos forman parte da nosa paisaxe. Proliferan baixo os piñeirais formando un continuo e cambiante sotobosque, verde en inverno e pardo en verán. Algúns, como o fieito real e o fieito macho, agroman nas ribeiras dos ríos coma fachendosas coroas vexetais. Diríase que celebran a festa da auga que baixa do monte vivificando os ecosistemas.  Seguir lendo Ecos dun distante pasado