Ignacio Castro Rey. Unha emoción é “un estado afectivo intenso que aparece de forma súbita e que vai acompañado de cambios condutuais, fisiolóxicos e hormonais pasaxeiros”. Podemos dicir que as emocións e os sentimentos son equiparables, aínda que algúns estudosos definen estes últimos como estados anímicos menos intensos e cunha duración a longo prazo. Seguir lendo Liquidación emocional e esperanzas marcianas
Arquivo da categoría: Ciencia
Barbanza e Gala do libro
Pilar Sampedro. Este ano, a Gala do Libro pasou a chamarse Premio Follas Novas e o nome semella ben acaído: Follas Novas, obras novas, libros publicados no 2020.
Quince modalidades que nunca son suficientes, pero que se van ampliando conforme pasan os anos e se vai vendo a necesidade de diferenciar determinados xéneros, neste caso foron as seguintes: Seguir lendo Barbanza e Gala do libro
Verdello e lama
Agustín Agra. Chegada a candeloria, o canto dos tordos bótame aos camiños. Dende o espeso das sebes ou empoleirados dunha percha, o seu reclamo nupcial guía os meus pasos. O anuncio da fin da tempada de invernía marca unha breve paréntese nas visitas á lagoa de Vixán e á praia da Ladeira, ao esteiro do Coroño e ao areal da Torre Seguir lendo Verdello e lama
Matriarcas
Xulio Gutiérrez Roger. Estamos tan afeitos a interpretar a natureza con lentes ideolóxicas que cremos ver nos animais características humanas que de ningunha maneira posúen. A maxestosidade do león, a astucia do raposo ou a crueldade da hiena. Pero estas lentes non son máis que un espello que nos define antes a nós que a eles. Unha destas lentes relaciónase co concepto de familia nuclear: o papá, a mamá e as crías. Seguir lendo Matriarcas