Xulio Gutiérrez Roger. Din que unha cabicha tarda dez anos en degradarse. Sería xenial que se degradase nun tempo tan curto. En serio! Sería xenial… se non fose mentira. Máis do 80% dunha cabicha é acetato de celulosa, unha substancia que, a pesar do seu nome, non é vexetal senón un derivado do petróleo. Seguir lendo Papacabichas
Arquivo da categoría: Ciencia
Paisaxe de outono
Laura Gutiérrez. A paisaxe muda paseniño co paso das estacións. Nestes días, a exuberancia do verán queda atrás, dando paso a unha vexetación cada vez máis ocre e espida. Mais a cor pódese dicir que non existe como tal. Trátase dunha sensación que fabrica o noso cerebro ao recibir sinais eléctricas procedentes duns receptores que se atopan no fondo dos nosos ollos, na retina. Seguir lendo Paisaxe de outono
Inseminación artificial: a cánula áurea
Fidel Vidal. Ante a imposibilidade dalgún feito, de algo que non podía ser, un recordado amigo replicaba: “O que non pode ser é parir sen foder”. Hai parellas sen descendencia acudindo á praia da Lanzada por aquilo das nove ondas, por ver se prendía, e mulleres como a veciña de enfronte que empreñaba só con pór ao clareo os calzóns do seu home. Desde a inseminación artificial até a fecundación in vitro, a cousa mudou espectacularmente. Seguir lendo Inseminación artificial: a cánula áurea
Os Nobel
Francisco Ant. Vidal Blanco. Non vou falar do Nobel de literatura, sempre o máis polémico e inesperado de cantos se conceden cada ano, xa sexa por comunista ou por facha, por coñecido ou non. Incluso máis polémico co da paz cando llo deron a Obama ou a Kissinger. Seguir lendo Os Nobel